Amigus
As Pontes

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: SANTIAGO DE SAMA-O ESTEO FS (5-5)

O Esteo trae un punto de Asturias

O Esteo pontés de fútbol sala igualou este sábado en Langreo e por segunda semana consecutiva empata 5-5 a domicilio. 

Adiantábanse os locais ao pouco do comezo, e empataba Cokito, poñendo terra de por medio os asturianos co 3-1 que se encargaron de igualar Cokito e Bruno e preto do descanso voltear Hécotr o marcador ata o 3-4.

Ao pouco da reanudación empataban outra vez os locais e pese a poñer o quinto Jacobo apenas un minuto despois voltaba a anotar o Santiago o definitivo 5-5.

Os ponteses son oitavos con 35 puntos antes de recibir ó Guardo, equipo que hoxe gañou 7-5 ó líder Benavente co que ambos suman 54 puntos tendo o conxunto palentino un encontro menos. 

FICHA TÉCNICA:

SANTIAGO DE SAMA: Pelayo, Márquez, Chino, Saúl, Choki – cinco inicial – Fredy, Valdés, Julio, Chus.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Troncho, Ayala  – cinco inicial – Alex, Pana, Rober, Bruno, Jacobo, Dani.

GOLES: 1-0, Márquez (1´), 1-1, Cokito (3´), 2-1, Saúl (7´), 3-1, Valdés (8´), 3-2, Cokito (10´), 3-3, Bruno (16´), 3-4, Héctor (19´). 4-4, Márquez (26´), 4-5, Jacobo (32´). 5-5, Choki (33´).

ÁRBITROS: García González, Truba Fraile, Altuna Gómez (Cantabria). Amarelo a Pelayo. 

INCIDENCIAS: Polideportivo los Llerones. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios