CAMPIONATO DE GALICIA EN RUTA – SAN XOSE – AS PONTES 2019
Disputouse este domingo coas vitorias de Esteban Iglesias e Paula Mayobre
Este domingo á mañá disputouse en As Pontes o Campionato Galego en Ruta (cinco kilómetros), e asimesmo a vixésimo novena edición da tradicional Carreira de San Xose. Diante da Xefatura de Polícia, onde estaba situada a saída e meta, deronse cita máis de 400 atletas.
Os campións galegos resultaron Esteban Iglesias (Lucus), cun tempo de 15:28, e a atleta aresana Paula Mayobre (Seoane Pampín), con 16:56, secundados por Juan Gude (Lucus) e Simón González (Gijón), e Sofía Fernández (Ría Ferrol) e Laura Santos (Lucus).
Por parte local resaltar o triunfo no Campionato Galego de Esteban Díaz en Master 35 e a prata de Juan Carlos Barro Rochela en Master 50. Na San Xose, vitorias de Lucas Blanco e Iago Cebreiro, pratas para Hugo Blanco, Xandre Domínguez e Xoel Bermúdez, e os bronces de Antonio Graña e Antía Carballo.
Para poñer fin ao evento entregaronse as diversas medallas e trofeos, nunha extensa cerimonia, a cargo do Alcalde Valentín González Formoso, a teniente de Alcalde Montserrat García Chavarría, e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás.
Os campións de cada categoría foron os seguintes:
Campionato Galego en Ruta:
Sénior: Esteban Iglesias (Lucus), Paula Mayobre (Seoane Pampín)
Sub 23: Xavier Rodríguez (Lucus), Laura Santos (Lucus)
Sub20: Diego Alonso (Santiago), Sonsoles Martín (Adas)
Sub18: Hugo Martínez (Atlética Lucense), Sara Prieto (Marineda)
Master 35: Esteban Díaz (Trieume As Pontes), Karina Callón (Sada)
Master 40: Juan Antonio Gude (Lucus), Ana María Alonso (Beade)
Master 45: Jose Carlos Ferreira (Marisqueiro), Inés Papín (Sada)
Master 50: Samuel Veiga (Milladoiro), Rocío Díaz (Ribadeo)
Master 55: Emilio Martínez (Egovarros), María Mar Barcón (La Mochila)
Master 60: Javier Toro (Verxel), María Elisa Paz (Egovarros)
Master 65: Domingo Álvarez (Egovarros), María Pilar Marquiz (Sada)
Master 70: Antonio Hernández (La Mochila)
Carreira de San Xosé
Absoluto: Juan Gude (Lucus), Paula Mayobre (Seoane Pampín)
Sub16: Manuel Rodríguez (Lourenzá), Iria Otero (Lourenzá)
Sub14: Daniel Portomeñe (Gómez Noya), Paula Vázquez (Marineda)
Sub12: Lucas Blanco (Colexio A Fraga), Antía Otero (Atletismo Narón)
Sub10: Iago Cebreiro (Olympo), Noa Seoane (Ferrol)
Nova cortesía de Xose Ferreiro