RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 15-16 MARZO

Vitoria do Feminino, Cadete, Infantil, Alevín A e Benxamín A

FEMININO
CD AS PONTES-UD CEBARCA (2-0)

Triunfo do Feminino nun partido que dominou e xa encarrilou dende o inicio cos tantos de Paula Castro e Paula Baamonde. Oitavas con 24 puntos antes de visitar ó Cariño, cuarto.

Xogaron Alba, Yoli, Sara, Nuria, Tania, Noelia, Carolina Paz, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Patricia, Nerea e Uxía.

XUVENIL A
CD AS PONTES A- BERGANTIÑOS CF (1-1)

Gran punto o do Xuvenil A pontés que a piques estivo de gañar ó que era segundo clasificado Bergantiños nun encontro no que se adiantaron con tanto de Matías mediado o segundo período e so puideron empatar os visitantes de penalti a falta de cinco minutos.

Cuartos pola cola con 20 puntos, visitan ó Estrada. Xogaron Nesi, Fraga, David Otero, Pablo, Breijo, Matías, Cristian, Edgar, Vicente, Vilela, Brais, entrando despois Jandro, Mateo, Elías e David.

XUVENIL B
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES B (5-1)

Derrota do Xuvenil B 5-1 en Mugardos, con tanto da honra de Xoel no tempo de desconto. Sextos con 16 puntos, reciben ó San Sadurniño, quinto. 

Xogaron Xavi, Nono, Xan, Antón, Antonio, Santi, Alex, Jose, Xoel, Xoel Pena, Joan, entrando despois Riobo, Andy, Derick e Mohamed.

CADETE
CEDEIRA SD-CD AS PONTES (2-6)

Vitoria do Cadete en Cedeira nun partido no que os locais se adiantaron por dúas veces pero os de Rubén Pardo acabaron gañando 2-6, tantos de Jandro, Luis, Joan, Adrián Piñón, Xoel e Riobo.

Cuartos con 32 puntos antes de recibir ó que era líder, agora segundo, O Val. Xogaron Edgar, Adrián Bellas, Xose, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Adrián Piñón, Sergio, Xoel, Jandro, Joan, e despois Mario Regueiro, Luis, Hugo e Íker.  

INFANTIL
SCDR NARÓN O FREIXO B-CD AS PONTES (2-4)

Vitoria do Infantil 2-4, con tres tantos de Anxo Blanco e un de Yeray Paz nada máis comezar, que xa deixou encarrilado o encontro co 0-3 co que marchou ó descanso.

Son líderes con 24 puntos antes de recibir ó Perlío, cuarto con 21. Xogaron Joel, Sergio, Nico, David, Anxo Rey, Carlos, Yeray, Ángel, Anxo Blanco, Diego, Antón, Hugo, Augusto, Ali, Xose, Cristian. 

ALEVÍN
CD AS PONTES ASRD PORTUARIOS (3-2)
MEIRÁS CF B-CD AS PONTES B (6-0)

Gran triunfo do Alevín A 3-2 ante o que era líder, o Portuarios. Adiantáronse 2-0 cos tantos de Diego Lozano e Andrea Cruz, empataron os visitantes, anotando o tanto da vitoria Nico Meizoso. Derrota 6-0 do Alevín B ante o que era segundo, actual líder, Meirás B. O A, quinto con 24 puntos, descansa, e o B recibe ó penúltimo Portuarios B.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO (7-2)
SD O VAL-CD AS PONTES B (2-1)

Goleada 7-2 do Benxamín A, tantos de Naúl Suárez (2), Alex Basanta, Iván Rodríguez, Lucas Blanco, Xandre Domínguez, Nacho Villasuso. Segue líder con 30 puntos, por 29 do Freixo e 27 do Neda. Próxima complicada visita ó Ortigueira B, cuarto. Derrota do Benxamín B 2-1 no Val, tanto de Mateo Rego, nun encontro no que se adiantaron pero acabaron remontando os locais. Quintos con 17 puntos antes de recibir ó Numancia, terceiro con 23.   

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A-NUMANCIA DE ARES CF (3-3)
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES B (5-5)

Empate 3-3 do Prebenxamín B, que logrou igualar un marcador que chegou a ser de 0-2 e 1-3, cos tantos de Xalo Franco (2) e Adrián Bouza. Terceiros con 23 puntos descansan na vindeira xornada. Empate do Prebenxamín B 5-5 en San Sadurniño, tantos de Daniel Peña (3), Adrián Ameneiro e Ander Blanco. Seguen líderes con 29 puntos antes de recibir ó Ánimas, quinto.    

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios