Tras comprobar a continua mortandade existente ao longo de todo o río Eume augas abaixo de As Pontes e o deterioro da calidade das augas dende hai máis de dous meses, e ante a actitude condescendiente da Administración, que non quere afrontar ás verdadeiras causas do desastre e anunciou un conxunto de medidas que se amosaron ineficientes, os colectivos ecoloxistas e pescadores seguiremos esixindo o peche inmediato da pesca como medida urxente e unha investigación completa das verdadeiras causas do desastre.
Por iso, os colectivos de pescadores do Eume convocan a todas as persoas sensibilizadas co estado do río a unha concentración o vindeiro SÁBADO 9 de agosto ás 17h no coto de Ombre (Pontedeume).
Novas
- As torres desapareceron. A súa historia, nunca o fará
- 40 anos do Museo Etnográfico Monte Caxado
- Conmemoración do discurso de Galo Salinas
- Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil no descenso internacional do Miño
- Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil
- Folixa Summer Camp 2025
- Dixitic’s
- 3ª Regata Circuito Deputación da Coruña e Travesía de Foz.
- Resultados do Grupo Xuvenil no campionato de España de xóvenes promesas
- Resultados Grupo Xuvenil
También podría gustarte