Amigus
As Pontes

O mago Romarís enche de maxia a pontesa praza do Carme

[Diario de Ferrol] O mago Romarís inaugura hoxe a programación cultural de outono do Concello das Pontes. Será cun espectáculo no que misturará producións súas anteriores como “Por arte de maxia” ou “Triunfos copas”. Os naipes, as cordas e outros elementos clásicos forman parte dun espectáculo dirixido ós nenos e tamén ós maiores con capacidade para sorprenderse e gozar co incomprensible.


A proposta do mago Romarís chega ás Pontes grazas á colaboración municipal coa Deputación da Coruña. Presentarase na praza do Carme. Ás once da mañá e ás doce do mediodía serán os escolares ponteses os destinatarios dos truco de maxia, do humor e da fantasía deste artista. Xa pola tarde poderán os adultos achegarse a ver e a participar no espectáculo “Teatro Máxico”. As funcións, neste caso, están previstas para as cinco e para as seis da tarde.
A entrada é de balde pero é preciso recoller as localidades no departamento de Cultura, ubicado no segundo andar da Casa Dopeso, debido a que o aforo é limitado. Os interesados en asistir poden pasar por estas oficinas ó longo da mañá de hoxe.
Fotografía
Outro dos acontecementos culturais da fin de semana nas Pontes é inauguración da exposición de fotografía “Hermanos Mayo na Guerra Civil”. O acto está previsto para ás 12.30 horas, na sala de exposicións do Mercado Vello. Asistirán a concelleira pontesa e deputada provincial Montserrat García e tamén a presidenta da Comisión de Cultura da Deputación da Coruña, Caridad González Cerviño.
A exposición está formada por 90 imaxes en branco e negro realizadas por un grupo de fotógrafos da época, simpatizantes do bando republicano. “Hermanos Mayo na Guerra Civil” conta co patrocinio da Deputación e da Fundación Caixa Galicia e puido verse na Coruña. A das Pontes é a segunda e última vez que esta colección de fotografías pode verse en Galicia.

También podría gustarte
Comentarios