Amigus
As Pontes

Os tesouros dos mouros na serra do Barbanza

“Dos máis de trinta monumentos megalíticos que se atopan esparexidos pola serra da Barbanza practicamente todos foron saqueados nalgún momento; nuns casos por ignorancia, noutros por simple bandalismo e noutros porque alguén se arriscou a perder a memoria ou a non volver á casa, para atopar o tesouro dos mouros. En calquera caso os dolmens e os petroglifos seguen alí e, ó longo da historia, a estes sumáronse outros monumentos que ningún viaxeiro debería deixar de visitar.”…


…”A primeira excursión debemos facela pola serra, antes de que a noite ou as baixas temperaturas nos impidan desfrutar. A tan só seis quilómetros da liña de costa álzase o mellor miradoiro das rías de Arousa, Muros e Noia. Así mesmo, dende ese lugar pódense a preciar os distintos picos da Barbanza.
Xa en Ribeira, ademais de coñecido dolmen de Axeitos, a parroquia de Cures, en Boiro, é un dos territorios máis ricos en canto a monumentos megalíticos.
Polos seus arredores distribúense: a Arca da Barbanza (das de maiores dimensións de Galicia), a Casota do Páramo, Armadoiro, Pedra da Xesta, Casarota do Fusiño e as Cabadas (a Primeira e a Segunda). Tamén hai petroglifos, como é o caso do de Vitres, no termo municipal boirense, que recibe este nome por atoparse nas inmediacións das ruínas romanas do Castelo de Vitres.
Tamén é admirable o peirao de Aguiño, chamado O Porto Fenicio, polas características da construcción. Na Pobra do Caramiñal están os castros de Posmarcos e Cabío e, en Boiro, os castros de Neixón.”
Ana Triñanes – Santiago 09.01.04
Fonte: elcorreogallego.es

También podría gustarte
Comentarios