Amigus
As Pontes

Enerxeia, o módulo expositivo da futura casa da enerxía, instalado no soto da Casa Dopeso

“ENERXEIA”. O Módulo expositivo da futura casa da enerxía, instalado no soto da Casa Dopeso poderá visitarse dende o día 15 de xaneiro, no seguinte horario:
De luns a xoves de 19 a 21h.
O sábado de 11 a 13 h.
Tamén se programarán visitas para escolares.


O módulo expositivo está distribuido en catro areas, a primeira fai un resumo da historia do planeta en 24 horas, na que podemos comprobar como o despegue industrial da humanidade apenas significa unhas )décimas de segundo na vida da terra. Na segunda zona temos un resumo dos principais datos de Galicia a nivel enerxético, e tamén da comarca do Eume, que actualmente está no primeiro posto na producción eléctrica. A terceira parte está centrada nunha montaxe en video, visionada onte parcialmente. E por último témo-los contidos da Casa da Enexía, cun panel no que podemos ve-la imaxe final do edificio e do seu entorno, e tamén cal vai se-la distribución.
Cortesía do Departamento de Cultura do Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios