As cores do mar de Galicia

O xoves 15 de xaneiro ábrese, na Sala de Exposicións “Mercado Vello” de As Pontes, a sorprendente mostra fotográfica AS CORES DO MAR DE GALICIA. Unha magnífica exposición que pretende descubrirnos a incrible beleza e diversidade zoolóxica que encerra o mar de Galicia. A exposición é futuro da colaboración entre Caixanova e o Concello de As Pontes.

ascores.jpg


O xoves 15 de xaneiro ábrese, na Sala de Exposicións “Mercado Vello” de As Pontes, a sorprendente mostra fotográfica AS CORES DO MAR DE GALICIA. Unha magnífica exposición que pretende descubrirnos a incrible beleza e diversidade zoolóxica que encerra o mar de Galicia. A exposición é futuro da colaboración entre Caixanova e o Concello de As Pontes.
As 50 fotografías que forman esta mostra foron realizadas por Xosé Luis González que ó longo da súa carreira como fotógrafo submariño obtivo recoñecementos tan importantes como Premio na Bienal Europea de Fotografía submariña, Campión de España de fotografía submariña no 1993 e1997, premiado tres anos consecutivos no certame BC-BBG Wildlife (1998,1999 e 2000), gañador do concurso fotográfico National Geografic no 1995, e campión mundial de fotografía submariña no 2002, entre outros galardóns. As imaxes que vemos en AS CORES DO MAR DE GALICIA son o resultado de 25 anos de experiencia fotografiando o exuberante mundo subacuático galego, a beleza do resultado descúbrenos unha nova luz, novas especies e novas cores que sempre estiveron tan preto de nos pero que nunca ata o de agora se nos presentaran tan próximos.
“Un espléndido día de verán, o sol debuxa arabescos sobre a branca do fondo, producidos pola suave brisa do vento na superficie. A nosa primeira visión submariña ó mergullirnos desde unha praia”. Isto é só un adianto do que poderemos atopar nas máis de 50 fotografías que compón esta mostra. A súa temática mantén o equilibrio entre as especies conocidas popularmente, das que descubriremos novas facetas e as especies por coñecer. Unha riqueza descoñecida, vista sempre desde un punto de vista artístico, que á vez serve como fío conductor para axudar a divulgar e coñecer mellor as nosas especies.
Esta exposición permite coñecer, primeiro paso para valorar, a riqueza do noso mundo submariño, aunando a vocación de entretemento coa visión máis ecolóxica de defensa do noso mar e as nosas costas.
A mostra poderá ser visitada en As Pontes ata o 8 de febreiro do 2004, data da súa clausura.
Na sala de exposicións ‘Mercado Vello’ das Pontes
Dende o 15 de xaneiro ó 7 de febreiro
Horarios:
De martes a sábado de 17:30 a 19:00 horas
Tódalas mañás, visitas para escolares
Cortesía do Departamento de Cultura do Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios