Novas axudas aprobadas por Euroeume

A Xunta Directiva do Grupo de Acción Local EuroEume, reunida en sesión ordinaria, aprobou a sinatura de dous novos contratos de axuda no marco da iniciativa comunitaria Leader +.


Por unha parte aprobouse unha axuda para a rehabilitación da “Escola Laica de Cabanas”, e o acondicionamento dos terreos que a rodean, para a súa adicación a Centro de Usos Culturais. Este proxecto, promovido polo Concello de Cabanas, supón un investimento total de 131.000 €, dos que case 80.000 € provirán dos fondos europeos xestionados pola Asociación Euroeume.
Por outra parte, aprobouse unha axuda de mais de 30.000 € para o proxecto de “Creación dun centro de recepción, manipulación e expedición de productos locais”. Este proxecto, promovido pola Agrupación Agroalimentaria do Eume, consiste no acondicionamento dun local no que os productos hortofrutícolas comercializados por esta asociación recibirán o Rexistro Sanitario, e serán preparados para a súa distribución no mercado. O investimento total do acondicionamento deste local, ubicado no concello de Vilarmaior, ascende a case 75.000 €.

También podría gustarte
Comentarios