A SD EIBAR DE MALENA SEGUIRÁ UN ANO MÁIS NA LIGA IBERDROLA
Trala vitoria esta mañá por 1-2 en Las Gaunas
A SD Eibar, equipo no que xoga a pontesa Malena Mieres, certificou esta mañá a súa permanencia na Primeira División feminina tras gañar 1-2 ao EDF Logroño, xogando cunha futbolista menos dende o minuto 10´ e remontando un 1-0.
As de Íker Dorronsoro precisaban saír da queima cun triunfo canto antes. Non puideron facelo na anterior xornada contra o Valencia, 0-1, pero sentenciarono hoxe en Las Gaunas antes de ter que recibir ao Huelva. I é que na derradeira xornada visitaban ao intratable FC Barcelona polo que había que facer os deberes canto antes.
Tanto o Eibar, como o Rayo Vallecano, que ganou 5-0 a Santa Teresa, certificaron a súa estadía un ano máis la Liga Iberdrola con 33 puntos, a falta de dúas xornadas. Descendidos xa están EDF Logroño 23, Espanyol e Santa Teresa con 24. A cuarta e derradeira praza xogarana o Real Betis, con 31, e o Deportivo, con 26, que ademáis se enfrontan na seguinte xornada.
Moi bo rendemento de Malena, que xogou 20 partidos, e magnífica campaña do cadro eibarrés na máxima categoría do fútbol español, nas que cabe salientar o empate en Levante, 2-2, equipo que xogará Champions, os triunfos nos derbis ante Real Sociedad e Athletic, ambos 0-1, ou tamén un 0-1 ante Sevilla e Espanyol. Tamén, moi honrosas derrotas ante os tres grandes, 0-3 co Barcelona, 0-1 e 2-1 co Atlético, e 1-3 e 2-0 co Real Madrid.
Nova cortesía XF. Foto cortesía SD Eibar.