Amigus
As Pontes

Voceiro do BNG

Maio 2021

As Axudas do Ministerio

O pasado 5 de maio, o Ministerio de Transición Ecolóxica informou da aprobación dunha serie de axudas, tanto para concellos mineiros como para concellos con centrais térmicas en fase de peche.

Para os que foron mineiros as axudas chegan aos 110 millóns de euros, con 12 millóns para Aragón, 70 para Asturias, 23 para Castela-León e 6 para Puertollano, para ampliacións de polígonos industriais, Centros de Día, ampliación de Residencias, viveiros empresariais, eficiencia enerxética, Centros Tecnolóxicos, … Tamén está aberta a convocatoria de 27 millóns de euros para financiar proxectos empresarias con creación de emprego nas mesmas zonas; sorprendentemente As Pontes e Cerceda, concellos galegos que tiveron minas, non reciben ningunha delas.

Nada novo, lembremos que o Plan do Carbón 2006-2012 tiña previsto 54 millóns para As Pontes que nunca chegaron, co silencio cómplice da Xunta e do Concello.

Axudas para As Pontes

A outra liña de axudas do Ministerio de Transición Ecolóxica, para concellos con centrais térmicas en peche por un total de só 5,4 millóns de euros, As Pontes recibirá axudas por un valor duns 1,2 millóns; pero o significativo son os proxectos previstos que, no caso das Pontes, afectan á actuación en dúas naves e a construción doutra, cunha creación estimada de 12 postos de traballo.

Sen embargo, nesta mesma liña de axudas atopámonos casos que, ademais de recibir subvencións para propostas industriais, tamén recíbena para proxectos sociais con importante creación de emprego, como os exemplos da seguinte táboa:

Á vista desta información, as preguntas deben ser: cal é o motivo polo que As Pontes está excluída das axudas para infraestruturas municipais (chan industrial por exemplo) e para proxectos que creen emprego? Cal é o motivo polo que o Concello non solicita axudas para a creación dunha Residencia Pública de Maiores?

También podría gustarte
Comentarios