A xove integrante do C. R. Fendetestas, Irea Cendán, ven de ser convocada coa selección galega sub16 de rugby
A xogadora, saída da escola de rugby do Clube pontés, está cedida nas filas do Muralla de Lugo, onde xoga na categoría de sub 14 en equipo mixto.
Logo dunha primeira ampla convocatoria para escoller á selección galega de Sub 16 na modalidade de seven, que acudirá ó campioanto de España a finais deste mes, Irea superou a fase de selección e entrou no último corte, malia estar aínda na categoría previa.
Logo de dúas sesións preparatoria, a seleccionadora Elsa Porto, terá aínda que descartar a tres xogadoras para quedar coas doce que desprace a Valencia.
Irea Cendán desenvólvese na posición de centro na liga galega na que este ano, aínda en sub-14, categoría que manterá a tempada que ven, o seu Clube quedou oitavo na liga e cuarto na Copa.
Nova cortesía do C. R. Fendetestas