A Asociación de Estudios Históricos e Sociais “HUME”

Solicita a tódalas instancias locais, provinciais e autonómicas a conservación da Necrópole Prehistórica da Mourela e concretamente esiximos das autoridades competentes a construcción dun túnel que cumpla o obxectivo de preservar o Círculo Lítico xunto con todo o xacemento da Mourela.


Consideramos esta decisión de vital importancia e necesidade para a preservación do noso máis preciado i escaso patrimonio, en tantas ocasións maltratado e destruido.
Asemade apoiamos o extraordinario traballo que ata o momento se leva realizado por parte da Plataforma para a defensa do Círculo Lítico da Mourela e Adega en prol da conservación deste singular espacio.
Dende a nosa Asociación, e dende o seu cometido de recuperación do noso pasado e de revalorización do noso patrimonio, non comprendemos como poden prevalecer os intereses económicos e políticos fronte ós patrimoniais do noso pobo. Coidamos que as institucións teñen por obriga e deben garantir que o noso patrimonio poda seguir legándose ás futuras xeracións.

logo_hume.gif
ASOCIACIÓN DE ESTUDIOS HISTÓRICOS E SOCIAIS “HUME”
20 de Marzo de 2007

También podría gustarte
Comentarios