A pasada fin de semana celebrouse a oitava edición do maratón de fútbol sala da asociación Abrente de pais, nais e mestres, que contou coa participación de catorce equipos dos distintos colexios e institutos da localidade, seis en categoría feminina e oito na masculina cun total duns cento conrenta xogadores e xogadoras. Ó longo da tarde do venres, sábado e domingo disputáronse vinte e dous partidos marcándose un total de 72 goles.
Á final masculina chegaron os primeiros clasificados de cada grupo, A Barosa, campión do A con tres vitorias, e Santa María, vencedor do B con dous triunfos e un empate. O encontro da final estivo moi disputado, pero ó remate do choque A Barosa alzouse co trofeo de campión ó gañar por 2-0.
Na categoría feminina houbo semifinais, ás que chegaron os dous equipos do Monte Caxado (A e B), no grupo C, e A Barosa e A Fraga, como primeiro e segundo do grupo D. Na primeira semifinal, o equipo da Fraga goleou por 5-0 a Monte Caxado A, pasando polo tanto á final.
Na outra semifinal enfrontáronse A Barosa e Monte Caxado B, equipo este que mereceu estar na final, pero non tivo a sorte que hai que ter e si o da Barosa, que a falta duns segundos para o final atopouse cun gol logo dun erro defensivo do Monte Caxado B, que tivo ocasións para marcar e incluso errou un penalti. A Barosa caeu na quenda dos penaltis diante do mellor equipo do torneo, A Fraga, que recibiu o trofeo de mans do alcalde da vila.
Nesta ocasión houbo árbitros federados, que en xeral estiveron atinados nas súas decisións, agás nunhas poucas, sobre todo ó non dar un gol válido cando era legal nun partido feminino decisivo para pasar a semifinais ou non sinalar claros penaltis por mans dentro da área, polo que foron pitados polo público.
Sinalar a boa organización de Abrente e a presenza de numeroso público no pavillón da Fraga ó longo dos tres días do torneo.
RESULTADOS HOMES
PRIMEIRA FASE
GRUPO A
A Barosa A Fraga (2-0)
A Fraga B Magdalena (0-1)
A Barosa A Fraga B (8-1)
A Fraga A Madalena (3-1)
A Barosa Magdalena (5-2)
A Fraga A A Fraga B (4-2)
CLASIFICACIÓN (ptos)
A Barosa – 9
A Fraga A – 6
Magdalena – 3
A Fraga B – 0
GRUPO B
Santa María Castro da Uz (3-2)
Moncho Valcarce Monte Caxado (0-2)
Santa María Moncho Valcarce (5-2)
Castro da Uz Monte Caxado (2-1)
Santa María Monte Caxado (2-2)
Castro da Uz Moncho Valcarce (3-1)
CLASIFICACIÓN (ptos)
Santa María – 7
Castro da Uz – 6
Monte Caxado – 4
Moncho Valcarce – 0
FINAL
A Barosa Santa María (2-0)
RESULTADOS MULLERES
PRIMEIRA FASE
GRUPO C
Monte Caxado A Monte Caxado B (2-0)
Monte Caxado A – Magdalena (2-0)
Monte Caxado B – Magdalena (2-1)
CLASIFICACIÓN (Ptos)
Monte Caxado A – 6
Monte Caxado B – 3
Magdalena – 0
GRUPO D
A Fraga Castro da Uz (1-1, p. 1-0)
A Fraga A Barosa (0-0, p. 0-1)
Castro da Uz – A Barosa (0-1)
CLASIFICACIÓN (Ptos)
A Barosa – 4
A Fraga – 2
Castro da Uz – 1
SEMIFINAIS
Monte Caxado A A Fraga (0-5)
A Barosa Monte Caxado B (1-0)
FINAL
A Fraga A Barosa (0-0)
Por penaltis vencedor A Fraga
PREMIOS
CAMPIÓN HOMES – A BAROSA
SUBCAMPIÓN HOMES – SANTA MARÍA
CAMPIÓN MULLERES – A FRAGA
SUBCAMPIÓN MULLERES – A BAROSA
CULLER HOMES – A FRAGA B
CULLER MULLERES – MAGDALENA
Nova cortesía de A.F.