Amigus
As Pontes

Bronce para Galicia con certo aire pontés

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A fin de semana pasada tivo no tiro con arco unha cita importante para as categorías de base. Celebrouse na localidade tarraconense de Cambrils o XIII Campionato de España Cadete e o XXV Campionato de España <14 anos de aire libre. Tivemos dous representantes do Clube Sílex, un en cada un dos campionatos, os irmáns Daniel Castro en cadete e Cristina Castro en menores de 14 anos. O sábado pola tarde comezaron as dúas competicións coas fases clasificatorias, no caso dos cadetes con dúas rondas de 36 frechas a 60 metros, e as arqueiras menores de 14 anos con 36 frechas a 40 metros e outras tantas a 30 metros. O sol no campo de tiro de Cambrils foi constante ao igual que o vento tan típico desa zona da costa mediterránea que incomodaba aos arqueiros presentes. Ao final da clasificatoria Daniel quedaba no 10º posto para o pase ás eliminatorias, que na súa categoría (arco recurvo cadete home) comezaban en 1/16 de final. Esa primeira eliminatoria desputouse nesa mesma tarde e o pontés foi quen de sacala adiante cun resultado de 6 a 2. Pola outra banda, Cristina tivo un comezo un pouco irregular na distancia longa pero foi quen de manter o tipo na curta para rematar nunha boa 5ª praza. As eliminatorias en arco recurvo <14 muller comezaban en 1/8 de final, nos que a arqueira do Sílex se tería que enfrontar coa 12ª clasificada. silex.jpg


O domingo xa se desputaban eliminatorias dende o comezo coas rondas de 1/8 de final. A cruz tocoulle a Daniel ao caer por 6-2 contra o 7º da clasificatoria do sábado. Isto fixo que o pontés rematara o Campionato de España cadete nun bo 9º posto. A súa irmá comezou forte gañando 6-0 a eliminatoria da que falábamos antes. E chegando con gañas á eliminatoria de 1/4 na que volveu a gañar tamén por 6-0 á 4ª clasificada do sábado. Pasaba así a semifináis, na que non tivo a mesma sorte e caeu por 6 a 2. Quedaba entón a posibilidade de loitar polo bronce, neste caso contra a 2ª da fase previa, pero non foi quen e se tivo que conformar cunha moi boa 4ª praza final no Campionato de España de Menores de 14 anos Muller.
Pero eiquí non rematou o papel desta arqueira, xa que xunto co arqueiro do clube Castelarco de Alfoz (Lugo), Gabriel Galante que foi primeiro na fase clasificatoria e acadou a medalla de ouro na súa categoría; clasificaban o equipo mixto de Galicia para as eliminatorias de semifináis. Teríanse que medir cun forte equipo, o da Comunidade de Madrid, co que perderon nun axustado 135 a 129. Con este resultado O equipo formado polos arqueiros galegos colgouse a medalla de bronce, premio que se levaron “in execuo” co equipo da Comunidade Valenciana.
Como último apunte, dicir que a clasificación final de Cristina neste campionato déixalle aberta a posibilidade de ser convocada ao Plan Nacional de Tecnificación Deportiva da RFETA na convocatoria que farán en outono.
silex1.jpg
Nova cortesía Club Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios