Amigus
As Pontes

A CIG entra na comisión de seguemento do plan de prexubilacións de Endesa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[Diario de Ferrol] A CIG entra por primeira vez mañá, por mandato dunha sentenza xudicial, a formar parte da Comisión de Seguemento do Plan de Prexubilacións de Endesa e anuncia xa a súa intención de reclamar, no seu seo, a incorporación á central de tódolos traballadores das compañías auxiliares que cumpran os requisitos. Para respaldar a presencia da central nacionalista na devandita comisión, convocouse unha concentración de delegados, ás dez da mañá, diante da central térmica.


A CIG inclúe tamén na súa lista de demandas que os traballadores excedentes da mina participen no cupo de prazas que a eléctrica vén de convocar. Como se lembrará, a compañía fixo unha oferta de 27 postos, pero o sindicato fala de que o compromiso foi cubrir medio cento de vacantes. “Esta é a única solución para reparar a monumental inxustiza cometida cos traballadores que no anterior proceso de prexubilacións foron discriminados, dun xeito caciquil e antidemocrático polos sindicatos UGT e CCOO co beneplácito de Endesa”, di o comunicado da CIG.
A central tamén se dirixe ó alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, para instarlle a reclamar ó novo ministro de Industria, Miguel Sebastián, unha contestación á carta que lle dirixiu ó seu antecesor pedindo unha solución para o colectivo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios