Amigus
As Pontes

A Consellaría de Cultura mellorará a formación das forzas de seguridade para protexer o patrimonio cultural

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Para mellorar a vixilancia dos nosos bens culturais, a Consellaría de Cultura e Deporte organiza cursos de formación especializada en patrimonio cultural para as forzas de seguridade. A conselleira, Ánxela Bugallo, abriu hoxe na Coruña estas formacións, que se celebrarán ao longo desta semana nas catro provincias.

g5p44f1.jpg


Galiza posúe unha gran riqueza de bens culturais, espallados por todo o territorio e dunha gran diversidade. Para conservar en bo estado o patrimonio e evitar as agresións é necesario un correcto sistema de vixilancia. Policías autonómicos, nacionais e locais; gardas civís e axentes forestais e urbanísticos participan nos cursos organizados pola Consellaría para ampliar o seu coñecemento sobre os bens culturais e as lexislacións para protexelos, así como sobre as infraccións máis frecuentes.
Coñecer para poder protexer
A formación conta cunha parte teórica e cunha parte práctica na que se amosarán os distintos bens que deben ser obxecto de protección. Os contidos versarán sobre a lexislación que se aplica para protexer os bens culturais e a importancia das actuacións policiais na súa defensa. Por outra banda, a formación incluirá coñecementos sobre os distintos tipos de patrimonio: arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico e museos e arquivos. A cargo das sesións estará persoal técnico especializado no campo da vixilancia do patrimonio cultural.
Nas catro provincias
Os cursos terán lugar durante esta semana nas catro provincias. Na cidade da Coruña celebraranse do 4 ao 6 de xuño na biblioteca Miguel González Garcés; en Lugo, do 5 ao 7 na biblioteca pública situada na rúa Ramón Ferreiro. Nas cidades de Ourense e de Pontevedra, os cursos organizaranse do 6 ao 8 na sé da delegación provincial da Consellaría e na biblioteca pública da rúa Alfonso XIII, respectivamente.
Máis info na Consellaría de Cultura

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios