Amigus
As Pontes

A cultura da Galicia do XIX a través das cartas a Murguía

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo ‘elcorreogallego.es’ podedes atopar:
” Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos son os editores do primeiro tomo dunha interesante e necesaria compilación de misivas dirixidas a Manuel Martínez Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega e esposo de Rosalía de Castro.”


…”Na introducción do volume, o seu coeditor e actual presidente da Academia, Xosé Ramón Barreiro, xa nos advirte que polo epistolario “composto de algo máis de mil seiscentas cartas, pasa toda, absolutamente toda a intelectualidade galega, coas súas propostas, demandas, queixas, informacións, lamentos e mesmo coas súas envexas e tristes vinganzas”. Consérvanse a maioría das cartas, salvo as de Rosalía, por decisión persoal do seu destinatario, quen consideraba que pertencían á súa intimidade.
Este volume inicial soamente contén 546 cartas, pero desde logo nas súas páxinas achamos ducias e ducias de prestixiosos nomes da cultura e en xeral da sociedade galega do século XIX, por poñer uns exemplos: Antonio de la Iglesia, Eduardo Pondal, Marcial Valladares, Benito Vicetto ou mesmo Ramón María del Valle Inclán.
Os nomes dos persoeiros da cultura española aparecen tamén repetidamente, sobre todo nas cartas máis tardías, conforme Murguía vai adquirindo sona e se converte nunha referencia clave sobre a cultura galega. Por iso, como lembra Barreiro, a correspondencia de Murguía “trascende o interese persoal para converterse nun feito cultural de gran trascendencia”…
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios