A derradeira compra española de armamento supera o gasto anual da ONU en operacións de paz

Lendo oneWorld.net:
“Un total de 413 millóns de euros é a cantidade que sería precisa para desmovilizar e reinsertar a 300.000 ex-combatentes e apoia-los procesos de paz en 20 países de todo o mundo nos próximos anos, segundo a Escola de Cultura de Paz da UAB.”…


…”Unha cifra que equivale ó 10% das derradeiras compras de armamento do Governo español, que tiveron un coste de 4.176 millóns de euros. Dada a escasa aportación que se realiza dende España para contribuir ós procesos de pacificación, a Escola de Cultura de Paz solicitou ó Governo adica-lo mencionado 10% a este obxectivo, sobre todo se se ten en conta que a recente inversión armamentística española supera o gasto anual da ONU en tódalas súas operacións de mantemento de paz no mundo”.
Fonte: es.oneWorld.net

También podría gustarte
Comentarios