A FESTA DE SANTA MARÍA EN ESPIÑAREDO

A parroquia pontesa de Espiñaredo celebrou esta pasada fin de semana as súas festas patronais na honra a Santa María.
Na xornada do sábado, logo da misa e procesión amenizou a sesión vermú a orquestra Nova Palma, que tamén estivo na verbena da noite xunto ó grupo Enclave.
O domingo repetíronse os mesmos actos relixiosos, coa misa cantada pola Coral da Capela e a procesión acompañada polo grupo de música tradicional Os Trevillas, seguidos dunha sesión de fotos de artificio e a sesión vermú do grupo chairego Lembranza.
Espiñaredo 2011


A PARROQUIA DE ESPIÑAREDO (Santa María)
Espiñaredo é unha das parroquias máis pequenas do con concello de As Pontes (5,82 km2). Antes formou parte do da Capela e con anterioridade fora parroquia da xurisdición das Pontes da antiga provincia de Betanzos.
Está situada ó oeste do concello limitando coas de Recemel (As Somozas), Vilavella, Goente e Seixo. O seu relevo está por riba dos catrocentos metros, destacando a Pena do Portelo (512 m) e a Naveira (519 m). Por mor da expansión da mina, tamén sufriu a desaparición de moitos lugares e aldeas e a súa poboación descendeu notablemente, aínda que nos últimos años está tendo un lixeiro crecemento, especialmente no novo lugar do Alto do Pío, que conta con 61 veciños dos 83 que ten a parroquia. As outras aldeas habitadas son as da Castiñeira (15 hab.), O Piñeiro (6 hab.) e As Teixoeiras (1 hab.).
Da antiga igrexa parroquial só se conserva parte do campanario de dúas espadanas, que foi trasladado ó Alto do Pío enfronte da nova igrexa parroquial de estilo modernista.
Outros monumentos patrimoniais son os cruceiros, o xa citado da igrexa de plataforma e capitel cadrangular, tendo no anverso da cruz o Cristo crucificado e no reverso a Piedade. Outro atópase na aldea de Carballo Infante con cruz circular de serpentina tendo no anverso o Cristo crucificado e no reverso a Virxe en actitude de orar. Hai outro no cemiterio novo, que data de 1903, de planta cadrangular e cruz circular co Cristo crucificado no anverso e a Virxe en actitude de orar no reverso.
Como dato histórico, salientar que no lugar de Portorroibo existiu unha capela adicada a Santa Eulalia, a cal, segundo a lenda, fora fundada en tempos antigos por unha doncela sobrevivente do afundimento do pobo de Valverde. Nas escavacións do carbón apareceron restos dun pobo celta e arredor da ermida unha ara romana e tumbas paleocristiás.
ESPIÑAREDO NA METADE DO SÉCULO XIX
ESPIÑAREDO (Sta. María de): felig. en la prov. de la Coruña (10 leg.), dióc. de Mondoñedo, part. jud. de Puentedeume (4) y ayunt. de Capela (2 ½). Está SIT á ½ Lel. NO de las Puentes de García Rodríguez, en las vertientes de un monte que, desprendiéndose de la cord. del Cajado, termina en el Eume; disfruta de buena ventilación, y su CLIMA es templado y sano y consta de los l. ó ald. de Carballifonte, Carreira, Castiñeira, Codesás, Gorgode, Pá, Piñeiro, Portoferreiro y Tuiverde, que cuentan 54 casas. La igl. Parr. (Santa María), tiene curato de entrada, y su patronato ordinario perteneció a la estinguida colegiata de Cabeiro: hay una ermita sostenida por el vencidario y con la advocación de Santa Eulalia. El TÉRM. Confina por N. con Sta. María de Recemel, por S. y E. San Juan de Seijo, y al O. Sta. María de Vilabella. El TERRENO, aunque en lo general montuoso, no carece de agua, y la parte destinada a cultivo es de buena calidad. Los CAMINOS, locales y malos, y el CORREO se recibe de la cap. del part. PROD: centeno, patatas, maíz, mijo, castañas y varias legumbres; cria ganado vacuno, lanar y de cerda; se encuentra alguna caza, y su única IND. es la agrícola y carboneo. POBL.: 55 vec., 262 alm. CONTR.: con su ayuntamiento (V.). Diccionario Madoz (Madrid, 1845).
Espiñaredo (As Pontes), 21 de agosto de 2011 (AF)
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Espiñaredo 2011
Nova cortesía A.F.

También podría gustarte
Comentarios