A Galicia do Antigo Réxime, nas xornadas de estudos históricos Hume

Diario de Ferrol. Serxio Paz Roca, licenciado en Historia e técnico historiador da asociación Euroeume, falará o venres ás oito na biblioteca municipal das Pontes, dentro do ciclo de conferencias históricas que organiza a asociación cultural Hume.


Na súa intervención referirase á vida cotiá dos galegos no Antigo Réxime e presentará varias entrevistas realizadas a persoas que, de nenos, viviron en condicións que non distaban moito das da Galicia de hai dous ou tres séculos.
As quintas Xornadas de Estudos Históricos Hume comezaron o venres pasado cunha charla de Jésus Andrés López sobre o camiño a San Andrés e rematarán o 31 con Carlos Nuevo Cal e unha conferencia sobre emigración.

También podría gustarte
Comentarios