A Luz de Belén nas Pontes

O vindeiro martes 23 ás 19:30 horas a parroquia de As Pontes vai acoller unha celebración pola paz (a non violencia en tódolos ámbitos). Nela recibirase unha luz que foi acendida polos scouts de Austria en Belén e que foi traida sucesivamente por outros scouts ata Aragón-Asturias-Cervo-As Pontes. Esa luz quere simbolizar o lugar onde naceu o nadal (Belén), lugar que vive hoxe un profundo conflicto pero que quere abrirnos unha chamada pola paz coma o fixo fai 2000 anos.

luzbelen0.jpg


Todos os asistentes poderan levar esta luz para os seus fogares, polo que se pide que traian unha vela na que podan levala ou coa que compartir esta luz con nós na celebración.
Esta é unha iniciativa dos Scouts e Guías de Austria que, coa colaboración de scouts e guías de diferentes paises de Europa e doutros continentes, reparten a Luz da Paz de Belén que acendeu un neno ou nena austriaco na cova do Nacemento de Xesús en Belén.
A distribución da Luz da Paz ás delegacións que participan se realiza uns días antes do Nadal, nunha celebración ecuménica en Viena. Despois, os scouts e guías reparten a Luz da Paz en hospitais, asilos, prisións, outras asociacións, familias, etc.

luzbelen.jpg

Obxetivos:
Traballar a paz interior entre os nenos e os xoves, como paso imprescindible para construir a paz no mundo.
Animar o traballo activo pola paz no noso entorno, partindo da riqueza das diferencias etnicas, culturais, políticas e relixiosas.
Acercar o sentido do Nadal a grupos, familias, pobos e barrios coa presencia da Luz da Paz.
Establecer lazos de cooperación e amistade con outras entidades, confesionais relixiosas, grupos… para promover a paz dende unha visión interrelixiosa.
Actividades:
13 de decembro. Recollida da Luz da Paz en Viena (Austria) por parte dunha delegación de Scouts de Aragón.
En datas posteriores pasará sucesivamente ata expandirse polas diferentes asociacións scouts de España que a solicitasen.
Paz:
Dende o punto de vista político:
Rexeitando a guerra como medio para resolver conflictos
Promovendo un estilo de vida pacífico e dialogante
Creando infraestructuras para a promoción da paz
A paz mediante a comprensión interpersoal e intercultural
Promovendo os dereitos das persoas e dos pobos
Favorecendo as relacións entre xóvenes de tódalas nacionalidades e crenzas
Combatindo os prexuizos, a intolerancia e o etnocentrismo
A paz e o desenrrolo social
Implicándonos no desenrrolo e o servicio á comunidade
Reclamando a distribución equitativa da riqueza mundial e promovendo as relacións xustas entre os paises.
Adicando todos os esforzos posibles a colaborar en proxectos de cooperación internacional.
A paz entre os seres humanos e a natureza
promovendo unha relación sostible entre a natureza e as persoas
educando ós nenos e ós xoves no amor e o respeto pola natureza.
Defendendo o entorno natural contra as explotacións froito da visión utilitarista do entorno.
A paz interior. A dimensión espiritual
Promovendo nos xovenes o sentido de identidade, a adopción dun código de vida e unha escala de valores basados na paz.
Traballando na búsqueda espiritual da “paz interior”
Favorecendo o desenrrolo de personalidades honestas, maduras e equilibradas.
Cortesía do equipo pastoral da parroquia das Pontes

También podría gustarte
Comentarios