Dous longos anos de incompetencia política sepárannos do inicio da conta atrás para a morte dos nosos ríos.
O Eume segue a agonizar, de nada serviron as toneladas de cal que se levan verquido, agás para aumentar a factura da empresa subministradora. As causas non foron atalladas, os principais puntos de contaminación non foron selados, e auténticas riadas de lodo e óxido continúan a baixar polo Chamoselo abaixo.
O que hai uns meses era só un regueiro de óxido, ocupa hoxe xa todo o ancho do río Eume. Dunha ribeira a outra unha groxa e espesa capa de óxido mata todo ao seu paso.
Ás fermosas verbas que nos brindaban hai unhas semanas algunha asociación da comarca e algún sensacionalista xornal, súmanse agora estas imaxes que rachan coa preciosidade e a fermosura que algúns crían ver no Eume.
O tempo xoga en contra dos nosos ríos, namentres a clase política mantense agochada no cubil da inxenuidade.
Xa está ben de Pe-Haches e remendos, os nosos ríos reclaman unha SOLUCIÓN XA!
Novas
- Novo récord Galego de Gonzalo Iglesias Gómez
- LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE INVERNO DE PIRAGÜISMO
- NOTA PRENSA CR FENDETESTAS
- Curso de micro:bit
- XVII campionato Xunta de Galicia de atletismo sub10 en pista curta e XIX campionato Xunta de Galicia de atletismo sub12 en pista curta
- Resultados de Esteban Díaz Pérez en 3000m
- Curso de Echidna shield para Arduino
- RESULTADOS CLUB PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE INVERNO de K-1.
- Campionato de España open de inverno máster de natación
- Curso de Echidna shield con Arduino
También podría gustarte
Comentarios