A MOURELA 13 DE ABRIL 2007
O pasado mércores saía na prensa un dos poucos datos feitos públicos ata o de agora do resultado das excavacións arqueolóxicas feitas pola USC na Mourela.
Nese artigo falábase da aparición dentro do perímetro do Círculo Lítico da Mourela dos restos dunha cabana medieval, os restos eran dos buratos dos postes. Na web amosábamos unha imaxe desta mesma semana, dentro da carpa que construiran para realizar as escavacións durante estos ultimos 3 meses.
Durante estos días quitaron a carpa e sen ter unha resposta de se se debe conservar ou non a Necrópole, por parte de Patrimonio, así trataron o noso pasado, o noso patrimonio: