Amigus
As Pontes

A pontesa Susana Castro, campiona galega en 400 metros vallas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A atleta do Ría de Ferrol-Concepción Arenal Susana Castro Pena venceu onte na proba dos 400 metros vallas nos Campionatos Galegos Absolutos ó aire libre disputados esta fin de semana na pista da Malata (Ferrol). Susana cubriu a distancia nun tempo de 1:06:27, en segunda posición entrou Alba Fernández con 1:06:44, e en terceiro posto Cristina Estévez con 1:09:07.


O Ría de Ferrol logrou tres ouros máis cunha sensacional Lidia Casal que venceu en 100 e 200 lisos e ademáis axudou ó triunfo no relevo 4 por 100 (Candela Día, Jade Martínez, Iria Martínez). Tamén logrou o triunfo a atleta do Narón Sonia Beceiro en 110 metros vallas.
Tamén gañou Santi Pérez, 8º en Atenas 2004 e 6º no Europeo 1998, nos 10 kilómetros marcha, e o plusmarquista e dez veces campión de España, Gustavo Dacal, que se impuxo na súa proba de lanzamento de xabalina.
Nova cortesía de Xóse Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios