A RECUPERACIÓN DA MEMORIA DA PONTE DOS FERROS

O pasado Venres 10 de Novembro o profesor Carlos Breixo legaba á vila das Pontes unha das máis fermosas páxinas para a súa memoria, ó presentarnos nunha brilante conferencia os documentos inéditos sobre a construcción da Ponte dos Ferros.
Un traballo deste tipo require moitas horas de arquivo, lectura, paciencia. E o que é máis importante, unha vocación intensa pola investigación que vai unida a un desinteresado apaixonamento polo patrimonio histórico dunha vila.

ponte-ferros-3.jpg


Con anterioridade poucos datos sabiamos sobre o monumento máis sobranceiro da nosa vila e que mesmo contribue a darlle nome. Don Enrique situouna en relación ó Señor García Rodríguez de Valcarce, o que deu lugar á súa datación no século XIV. O Concello ubicou unha placa, no seu día, no que figura o XV.
Carlos Fornos, no artigo “As pontes de As Pontes” publicado no libro das festas do Carme de 1990, realizou varias hipótesis i especulacións que veñen a ser respondidas pola investigación de Carlos Breixo con bastante claridade. Carlos Fornos dicía o que segue:
“fruto de esta modernización de las comunicaciones resultaría del todo lógico que se construyesen los puentes necesarios para facilitarla. La existencia de una tradición que adjudica a los romanos la primitiva contrucción de los puentes de Chamoselo e Illade no sería desde luego descabellada. Llama, sin embargo, la atención el que no se conozca tradición ni resto arqueológico de puente alguno sobre el Río Eume anterior al actual “dos ferros”. A mi juicio debió existir, pero probablemente no se trataba de un puente de “fábrica” (piedra) sino posiblemente un puente de madera cuya ubicación se ignora (…) el primitivo puente debió de ser un puente de dos arcos apuntados, como el que resta en el lado izquierdo, siendo también abombado el camino sobre él, como el actual, pero con el cambio de pendiente centrado.
Al principio del siglo XIX debió sufrir grandes desperfectos, debido bien a los hechos acaecidos durante la guerra con los franceses o simplemente por efecto de una riada. D. Enrique Rivera afirma, citando a D. Benito Vicetto, que el puente no fue destruido durante la guerra napoleónica por oposición del Justicia de la Villa. Es bastante posible que así fuese, pues el General británico Sir John Moore, que mandaba las tropas en retirada hacia La Coruña, no era partidario de la destrucción indiscriminada de los puentes pues, dada la pequeña entidad relativa de la mayoría de los ríos gallegos, no constituían en general un serio obstáculo para ser rodeados por el ejército del mariscal francés Soult, por lo que, en general, era mayor la pérdida de tiempo y gasto de pólvora, así como el daño a la población, que el retraso causado al ejército perseguidor.
Por ello lo más seguro es que su parcial destrucción se deba al efecto de una riada que debió provocar el fallo de parte de la cimentación de la pila, al ser socavada por la erosión del agua debido a la alta velocidad y al deficiente perfil hidrodinámico del tajamar.
Por esta razón se añadió un tajamar nuevo aguas arriba de dimensiones desmesuradas, que desde luego se reconstruyó con medio punto y menor luz que el antiguo, lo que permitió disminuir el fuerte abandono anterior. A fines del siglo XIX sufre otra remodelación, con ensanchamiento de la calzada, sosteniendo los pequeños voladizos que resultaron con unas pequeñas ménsulas y colocándose la barandilla de hierro que le da el nombre popular.
Con esta obra se logró suavizar las pendientes de la calzada, subiendo incluso la cota del camino de acceso por el estribo izquierdo, tal como denota la situación de las casas cercanas respecto a la calle”.
Carlos Fornos tamén aportaba o seguinte plano da ponte no seu artigo:

PLANO DA PONTE DOS FERROS COAS SÚAS MEDIDAS APORTADO POR CARLOS FORNOS
mapa-ponte-dos-ferros.jpg

Estas eran as hipótesis de Carlos Fornos, dende a preocupación que este home vivíu polo patrimonio da vila no seu momento, e do que deberan tomar boa nota moitos responsables políticos actuais de tódalas marcas, tribus e clases. Estas hipótesis de Carlos Fornos, como dixen, teñen unha clara resposta nos datos da conferencia de Carlos Breixo, onde non se fala dende especulacións senón dende documentos moi concretos.
O profesor Carlos Breixo amosounos na Biblioteca Municipal, a través da voz do periodista Xose Cendán, (dada unha transitoria afonía do poñente), a importancia dos restos que se conservan na zona vella, que todavía garda a mesma estructura de rúas que a significaron nos séculos XIV e XV, e manifestou a súa pena polas condicións de conservación nas que se atopa a Vila. Por iso díxonos: “quero facer unha agarimosa e sentida chamada de atención sobre do inmenso valor patrimonial que aínda se conserva na vila das Pontes, e digo aínda porque, de non remedialo, pode tardar pouco en desaparecer”.
As Pontes debe ser algo máis que a “cidade da enerxía”, porque segundo nos dicía o poñente “Poida que a enerxía lle dera moitos cartos a esta vila no século XX, mais, non foi quen de darlle a súa historia, xa que esta hérdase, de ano a ano e de século en século, e transmítese, verbo a verbo, e por escrito”.
A continuación falounos sobre “o nome e a importancia das Pontes de García Rodríguez, entre o século XIII e o XVII. A Ponte e o Portádego”. Comezou remitíndonos á obra de Fernando Urgorri Casado (Nuevos datos sobre el primitivo concejo de As Pontes. Nº 3 de UNTIA Boletín do Seminario de Estudios Mariñáns . Apéndice documental páx 47-56.), onde se fala do nome das Pontes de Ume no 1267 e da vila e do seu castelo no 1295 e de cómo despois da doazón do señorío da vila das Pontes, feita polo rei ó Señor de Valcarce a vila pasa a unir o seu nome ó de García Rodríguez.
Contounos cales eran as xentes que pasaban por estas terras na época, e da necesidade que tivo a ponte de reparos no 1621, uns reparos de tal magnitude que se fixo necesario reedificala respetando a traza orixinal.
Para esta tarefa, segundo palabras de Carlos Breixo: “no ano 1621, foi chamado á vila das Pontes, un tal Pedro de Vilar, mestre canteiro, veciño de San Pedro de Loira, na xurisdición de Cedeira. O mestre veuse con Juan Freire de Andrade, Alcalde Maior da vila, e co mordomo Pedro García de Arbá, que ostentaba este nomeamento feito polo VII Conde de Lemos, chamado D. Pedro Fernández de Castro, famoso benfeitor de Miguel de Cervantes, que ademais era IV Marqués de Sarria, V Conde de Vilalba, e IV de Andrade”.
Don Pedro Fernández de Castro morrerá no 1622, non podendo ver rematada a Ponte dos Ferros. Por iso, “veu a herdar estes títulos o seu irmán Francisco Ruiz de Castro Andrade e Portugal, baixo o seu mandato, e con algún que outro problema, reedificarase a ponte, que (…) estará acabada totalmente no ano 1628”.
No ano 1621 o Mestre Pedro de Vilar traza a “Ponte dos Ferros”, e faise o contrato de construcción da mesma, pegada á porta da vila e á muralla. Rematan as obras da ponte no ano 1628, en que se move preito entre os representantes do Conde de Lemos e os mestres de cantería, Domingo de Villar e Juan de Buyo, por ter derrubado o torreón e a Porta da Vila, así como parte das cercas, aproveitando a pedra na construcción da ponte. Terán que facer de novo a Portada e descontar o valor da pedra do torreón.
Estos e moitos outros datos nos foi aportando o poñente ó longo da conferencia, e despois de amosarnos todo o proceso da súa edificación, contounos acerca do “Arrendamento do portádego da vila das Pontes e contas do ano 1628”.
Esa tarefa de encargado do portádego “fíxose na persoa de Alberto Fernández, que non sabía escribir, pero seguramente diferenciaba o valor das mercadorías. A persoa encargada do portádego da vila, ou do paso dos portos, tiña que ser de confianza, xa que senón o mordomo do conde de Lemos poríao a disposición do meiriño da fortaleza de Moeche, e iso era moito de temer”.
ponte-ferros.jpg

“No mesmo protocolo, atópanse as contas do ano 1628, feitas, aceptadas e aprobadas polos rexedores, alcalde, e secretario, segundo o facían cada ano. Ocupaba o cargo de Procurador xeral, Domingo Pita, quen fora nomeado de entre os rexedores, para levar as contas, polas cales sabemos os avatares polos que atravesou a construcción da ponte no último ano. Ó final chamouse a outro canteiro, un tal Juan Martínez, que era veciño do Deveso, que deu o visto e prace ás obras, tal é como se establecera nas condicións do ano 1621”.
¿Cal foi o precio da Ponte dos Ferros? Pois o profesor Carlos Breixo díxonos que “A ponte tiña un custe de 580 ducados, que despois de feita a rebaixa da pedra, quedouse en 435. Se comparamos os prezos, o traballo da construcción da ponte equivalía o valor duns 55 ou 60 bois”.
Contalo todo así, é estragar unha fermosa conferencia, agardo que o amigo Carlos me disculpe. Só quixen achegarvos algúns dos datos que se nos dixeron. Estes, e moitos outros datos, chegaron a nós gracias á valiosísima laboura de investigación do profesor Carlos Breixo, a través de infinidade de arquivos e documentos. A el lle debemos a datación e a autoría da Ponte dos Ferros nun fermoso traballo que verá próximamente a luz no número 1 da Revista da nosa Asociación de Estudios Históricos e Sociais “Hume”. Quero invitarvos a que para entón o disfrutedes completo, como debe ser, e tal coma o autor concebíu a presentación de todo este valioso material.
Dende a Asociación queremos agradecerlle moi especialmente os tres anos que nos leva acompañando nas xornadas de estudios locais de As Pontes, a grande aportación de datos que nos leva entregados ata o momento por medio das súas conferencias e artigos, así coma a grande calidade humana coa que nos anima sempre na tarefa de investigación e promoción da propia historia.
A conferencia desta nova semana será o vindeiro venres 17 ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal. Acompañaranos o profesor D. Xosé Luis Novo Cazón, que nos aportará moitos novos datos sobre o Aparral e o Freixo nos séculos XVI-XVII e XVIII.

También podría gustarte
Comentarios