Organizado pola asociación local de fútbol sala en colaboración co concello de As Pontes, este domingo 18 disputouse nas Pontes o tradicional torneo de Nadal de fútbol sala proclamándose campión a Selección da Liga de As Pontes ó gañar os dous enfrontamentos contra Barbarroja FS, campión de copa, e Pìnturas Colormix, campión de liga da pasada temporada.
Os resultados foron os seguintes: Barbarroja-Selección Liga (1-4), P.Colormix-Barbarroja (2-5) e Selección Liga- Barbarroja (3-2). Foi proclamado mellor xogador do torneo Jacobo, de Pinturas Colormix.
Ó final da competición o concelleiro de deportes do concello de As Pontes fixo entrega dos trofeos ós gañadores.
Nova cortesía A.F.