LIGA GALEGA DE RUGBI: CR FENDETESTAS AS PONTES 12 MAREANTES RC PONTEVEDRA 41

O Fendetestas despediu o 2011 cunha derrota no seu campo do Medulio victima da calidade do conxunto pontevedrés e dos seus problemas de confección de plantel.
Os visitantes adiantaronse 0-8, pero a pouco do descanso, os verdes puxeronse 7-8. Pouco durou a esperanza pois apenas comezado o segundo tempo os pontevedreses emulando ós All Blacks fixeron tres ensaios seguidos que facían imposible a remontada. De ahí ó final do encontro houbo tres ensaios máis, un pra o cadro da casa, que maquillou o marcador.
fendetestas_1.jpg


Agora ós ponteses agardanlles dous compromisos fora, o 15 de xaneiro co Ourense, encontro que pecha a primeira volta e o 22 comeza a segunda diante do Jabatos do Bierzo, localidade onde tentará lograr a victoria.
A clasificación segue con Vigo liderando con 50 puntos, Zalaeta 40, Lalín 33, Ourense 30, Mareantes 29, Ferrol 28, Muralla 23, CRAT A Coruña 21, Fendetestas e Santiago suman 14, Pontevedra 5 e Bierzo 4.
fendetestas_1.jpg
fendetestas_1.jpg
fendetestas_1.jpg
fendetestas_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios