A selección galega sub15 finaliza quinta no Campionato de España. Castela A Mancha, C.Valenciana, Extremadura e Cataluña xogarán as semifinais

Por un so gol quedou eliminada a selección galega da Fase Final do Campionato de España sub15 que se disputará do 29 ó 31 de Maio (semifinais e final). Trala vitoria esta mañá de Extremadura por 6 a 0 sobre A Rioxa e da Comunidade Valenciana sobre Madrid por 4 a 1, a selección galega veuse relegada á quinta posición, empatada a puntos con Cataluña, pero coas catalanas clasificadas por ter un goal average de +3 mentres que as galegas +2. Non obstante a traxectoria de Galicia neste torneo podese considerar como brillantísima, pois non se agardaba quedar tan arriba, con tres triunfos, ante R.Murcia (3-0), Asturias (1-0), Aragón (2-1), e unha soa derrota, ante unhas das favoritas, a C.Valenciana (3-0). Finaliza así a excelente participación de Yaiza e Paty coa selección galega (sub15 e sub16), coa que estiveron en Valencia, Marbella e Gijón, e coa que participaron en 6 partidos, cando apenas non levan nin medio ano xogando a fútbol campo.


Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios