A situación de abandono do conxunto Megalítico pon en serio risco a sua conservación

Os feitos continuados que están a acontecer dentro da área de cautela arqueolóxica da Necrópole da Mourela, repercuten negativamente na integridade do conxunto megalítico e pon en serio risco a súa conservación.
A zona, que se atopa debidamente sinalizada, establecéndose a prohibición de entrada no perímetro da escavación a tódalas persoas axenas as obras, está sendo obxecto nas últimas semanas de diferentes actividades ilegais que poñen en serio risco a conservación deste conxunto megalítico.
Cabe lembrar os recientes actos vandálicos alí producidos, cando varios desaprensivos entraron na zona de escavación cos seus vehículos e fixeron trombos enriba de diferentes estructuras arqueolóxicas referenciadas. Namentras a Dirección Xeral de Patrimonio non estime que facer coa Necrópole, dende a Plataforma entendemos que se deberían realizar un control e unha vixiancia que garantan a conservación deste espazo megalítico.

También podría gustarte
Comentarios