Á terceira foi a vencida. As Pontes 8 Noia 0.

Primeira victoria na historia do As Pontes feminino por 8 goles a 0 perante o Noia, nunha tarde na que as pontesas impuxeron o seu mellor xogo perante unhas voluntariosas noiesas que chegaron con once xogadoras xustas pero que pese a sofrir tres goleadas en tres partidos non desisten nas súas gañas e ilusión por xogar ao fútbol. Xogaron polo As Pontes Leti, Laura, Yaiza (Lau), Jani, Silvia, Alba (Carla Castro), Lara (Paula), Mar (Patricia), Carla (Arancha), Patri e Carlota. Pola visitantes xogaron Manam, Adriana, Laura, Estefi, Mónica, Marta, Natalia, Noemí, María, Mariña e Mª Cristina. Arbitrou o encontro o ferrolán Jorge Landrove. Polas pontesas anotaron, Yaiza, en catro ocasións (15´, 22´, 25´ e 37´), a capitana Patri, en tres ocasións ( 27´, 52´ e 65´), o segundo, un golazo, e redondeu a goleada Jani no 79´. Resaltar que ó final do encontro unha das xogadoras do Noia sufriu un problema de saúde, pero a cousa afortunadamente non pasou a maiores. Tamén resaltar a presencia no partido do noso campionísimo Rochela, que a pesar dos seus múltiples compromisos non dubidou en vir a animar ás rapazas.
aspontes1.jpg
Nova enviada por Xóse Ferreiro


aspontes2.jpg
aspontes3.jpg
aspontes4.jpg
aspontes5.jpg
aspontes6.jpg
aspontes7.jpg
aspontes8.jpg
aspontes9.jpg

También podría gustarte
Comentarios