Amigus
As Pontes

A toxicidade do fuel do Prestige permanecerá no mar despois de que se retire o chapapote

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo galiciainformacion.com:
“Un estudio elaborado polo Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIMM) sinala que o 50 por cento dos hidrocarburos que verteu o “Prestige” nas costas españolas é de degradación moi lenta, o que supón que a toxicidade permanece no mar mesmo despois de ser retirado o propio chapapote.”…


…”O instituto, dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), indica ao respecto que mentres que estes hidrocarburos permanezan na auga “afectarán a todos os seres vivos presentes no medio mariño”, especialmente o plancton. Neste sentido, este centro realizará un estudio para coñecer o impacto do vertido de hidrocarburos semejans aos do “Prestige” sobre a estrutura e funcionamento do plancton microbiano na Ria de Vigo.
O proxecto desenvolverase en colaboración co Institut de Ciènces do Mar de Barcelona, o Instituto Español de Oceanografía e a Universidade de Vigo. Así mesmo, estará dirixido por Francisco Gómez, quen explicou que, até o momento, non existe nengun estudio similar, polo que os seus resultados “permitirán coñecer o que ocorrería se se repetise un desastre das mesmas características”.
Deste xeito, os investigadores traballan actualmente na creación duns mesocosmos para encher con auga da Ría de Vigo, é dicir, un conxunto de bolsas nas que se pecha a auga do mar e se somerxen mediante un pantalán. En cada unha das fases do ano en que o plancton varía encheranse seis bolsas diferentes. A catro delas engadiranlles hidrocarburos, mentres que ás dúas restantes manteranse limpas para facer as comparacións respecto á evolución do plancton en ambos casos. Así mesmo, o estudio ten por obxecto coñecer se o plancton ou algún dos seus compoñentes podería actuar como degradante dos hidrocarburos.
OUTRO INFORME NEGA DANOS
Ao mersmo tempo, outros estudios aforman que impacto dos vertidos do «Prestige» sobre a plataforma mariña é «mínimo» e as probabilidades de contaminación da cadea trófica son nulas», como é o caso dos científicos do Instituto Oceanográfico de España. Os resultados preliminares da campaña desenvolvida polo Buque Oceanográfico Visconde de Eza na Costa da Morte fronte a Galiza e no Cantábrico, entre Estaca de Bares e o Cabo de Peñas, revelan unha escasa distribución de galletas de chapapote no fondo mariño.
As sondaxes non detectaron presenza de hidrocarburos no Cantábrico mentres que as maiores concentracións corresponden ás zonas de Malpica e Muxía, na Costa dá Morte, con unha densidade media de 300 quilogramas por quilómetros cuadrado.
O responsábel destes estudos, o biólogo do Centro Oceanográfico de Santander, Francisco Sánchez, explicou que esta distribución é equivalente a «encontrar dúas galletas de cinco centímetros nun campo de fútbol».A cantidade de hidrocarburos detectada na plataforma submarina foi decrecendo desde as primeiras sondaxes ao ser absorbidos polo substrato residual e agora a «densidade é moi pequena», aínda que os efectos sobre as especies con interese comercial coñeceranse dentro duns tres anos, segundo estimou Sánchez.
O científico explicou que as substancias máis contaminantes do fuel volatilizáronse cos vertidos en superficie e que o que caeu ao fondo mariño é unha substancia «similar á brea» que esta sendo reabsorbida polo substrato residual. As probabilidades de que estes restos de hidrocarburos peneten na cadea trófica son nulas» pola capacidade que teñen os tecidos dos peixes para metabolizar os hidrocarburos, asegurou Sánchez. No entanto, o biólogo recomendou «continuar cos estudos» para determinar se a contaminación do petroleiro ocasionou minguas na capacidade reprodutiva de algunhas especies ou no crecemento.
NUNCA MÁIS PIDE VOLUNTARIOS
O voceiro da plataforma cidadána Nunca Máis en Lugo, Adela Figueroa, reclamou a presenza de máis voluntarios para limpar as aves petroleadas. Dixo que se precisan voluntarios tanto no centro de limpeza de aves que existe no Hospital Veterinario Rof Codina de Lugo como o de Figueirido (Pontevedra). Sobre a procedencia do vertido, Figueroa subliñou que Nunca Máis mandou analizar unhas mostras a Madrid para determinar se proceden do Prestige ou dun navío que se dedicou a limpar os seus depósitos.
Alén diso, reclamou á Xunta que non “minta” nesta materia como “xa fixo tras a catástrofe”. Para esta membro de Nunca Máis “non ten sentido andar ocultando datos”.
Galicia Información/ Ep
Fonte: galiciainformacion.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios