A VILAVELLA – A DESAPARICIÓN DUNHA PARROQUIA

FOTO DA RECTORAL DE VILAVELLA ANTES DE SER DEMOLIDA
rectoral-vilavella.jpg

Das imaxes que máis chaman a atención ós que veñen de fóra, é a de contempla-la Igrexa de A Vilavella ó pé dunha enorme cheminea. A historia de A Vilavella é a dunha parroquia engulida por unha empresa, na que os que foron os seus veciños lembran con nostalxia outra época, cando era unha vila viva. Hoxe conservan un camposanto como patrimonio dun pasado onde repousan os que foron poboadores dunha vila hoxe case tan falecida coma eles.


O primeiro dos datos que vos ofrezo é o da cifra de bautismos na Vilavella dende 1900. Por medio deles comprendemos algo da realidade acontecida nesa parroquia. Non os explico, penso que falan de por si.
Bautismos na parroquia de Vilavella
1900-1909 > 287
1910-1919 > 280
1920-1929 > 195
1930-1939 > 220
1940-1949 > 230
1950-1959 > 281
1960-1969 > 249
1970-1979 > 203
1980-1989 > 89
1990-1999 > 13
En 1353, nun despacho librado polo Bispo, xa figura a parroquia no arquivo Diocesano de Mondoñedo, coma podemos comprobar na páxina 166 da obra de don Enrique Cal Pardo, transcripción íntegra dos documentos, “Colección Diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo”, Consello da Cultura Galega, Ponencia de Patrimonio Histórico, Santiago de Compostela 1999. No documento da época cítase a “Sancte Marie de Pontibus d-Eumi Sancte Marie de Vilauella”. O documento orixinal é de letra gótica sumamente pequena e mide 470 mm x 415 mm.
No Arquivo Catedralicio de Mondoñedo, consérvase un documento medieval con data 19 de Febreiro de 1488, realizado en Santiago de Compostela. É un documento de nove follas escritas e catro en branco, con selo notarial en seco, sobre papel de 305 x 222 mm, realizado en letra cortesá. Nese documento recóllense as aportacións económicas que as parroquias da nosa diócese fixeron ós Reis Católicos para a batalla da conquista de Granada. Entre as parroquias citadas aparece Santa María de Vilavella aportando “seys mill mor (dc)”, Santa María das Pontes aportando tamén “seys mil mor (dc)” (que nos fai comprender que ambas parroquias non se debían diferenciar gran cousa na época), “Sant Iohan de Freixo quatro mil mor (cccc)”, Santa María de Espiñaredo “dos mil et doscientos mor (ccxx)”, o que fai de Espiñaredo unha parroquia pouco inferior á veciña de Roupar que dera “tres mill et doscientos mor (cccxx)”. Naquel tempo, As Pontes pertencía ó Arciprestado de “Çedeyra”. Este documento “instrumento público do xuiz-comisario e subcolector apostólico do Reino de Galicia da “décima” ou subsidio, imposto nos reinos e señoríos de España, con destino á Guerra de Granada”, amósanos que non fomos alleos a historia de España, e ó momento no que xudeos e árabes foron botados fóra. Pódenos agradar ou desagradar, pero ese é o dato histórico.
O 6 de Setembro de 1754, o Bispo da Diócese don Carlos Riomol y Quiroga, visitou a parroquia de A Vilavella, rexentada por aquel tempo polo párroco “Dn Phelipe Ygnozente Piñeyro”. Había outros cregos na parroquia que eran naturales de A Vilavella, coma era “D. Juan Cebreyro”, sin licencia para confesar e con permiso dun ano para celebrar. Nesa visita deixase constancia da existencia das ermidas de “san Xptobal; es de los vzºs, mandose lastrar de Piedra el Pavimtº y fayar el techo- un año 1000 mrs”, e tamén “S. Salvaºr medianero con las Puentes, en su Hermª -900”.
Existían na parroquia capelanías, entre as que destacaba a de San Andrés nun dos altares colaterais. O capelán dela non compareceu na visita do Bispo e deuse orde a que o fixese “a tres meses”, fálase da indecencia en que se atopa esa capelanía, e obrígase a realizar unha imaxe nova “echa y pintada de nuebo”. Esto axúdanos a datar a imaxe de San Andrés de Vilavella, e ese dato quero adicarllo especialmente ós que foron os seus veciños. San Andrés realizouse, polo tanto, no 1754.

FOTO DA PROCESIÓN O DÍA DA FESTA
procesion-vilavella.jpg

Existían, segundo esa visita do Bispo que se conserva no libro de visitas episcopais do Arquivo da Catedral de Mondoñedo, tres cofrarías que eran as do Santísimo, Nra Señora, e Ánimas.
A través dun libro de visitas episcopais anterior, que se conserva no Arquivo Nacional de Madrid e microfilmado no Arquivo Catedralicio de Mondoñedo, o 7 de Maio de 1614 o bispo mindoniense Dn. Alfonso Mesía de Tovar visitou a Igrexa da Vilavella, e ordenou obras nela. Esa era a Igrexa vella, da que quedan soamente o retablo e varios dos santos. A nova –como veremos- levantada cara ó 1800, é outra historia e non tén a antiguedade que don Enrique lle atribuía polo estilo dos ventanais laterais. Don Enrique, con todo o esforzo e boa fe do mundo, non tivo ocasión de revisar os datos de fábrica e cofrarías que se atopan no arquivo diocesano, e incluso, cando recentemente se fixo a obra, o arquitecto só tivo acceso a datos posteriores a 1851 (pois so hai un libro de fábrica que comeza nese ano e remata no 1924) , polo que non existía unha datación concreta de construcción da Igrexa, como procurarei facer neste presente traballo, gracias á axuda dos arquiveiros diocesanos don Enrique Cal Pardo e don José María Fernández.
Como xa dixen anteriormente só se conserva un libro de fábrica, e comeza no 1851, pero a Cofraría das Angustias e Dores de A Vilavella, comeza a anotar as súas contas moito antes, e no libro II de esa cofraría, que vai de 1777 a 1850 aparecen mencionadas tódalas obras que se levaron a cabo para a contrucción do actual templo.
FOTO DA PROCESIÓN O DIA DA FESTA
procesion-de-vilavella2.jpg

No 1777 o cura de Vilavella era Dn Luis Antonio López de Romero. Se nos achegamos á Igrexa de Vilavella, veremos nun retablo a un santo que nos pode parecer San Pedro a primeira vista, pero que non ten barba. Ese santo está tamén na Capela do Carme, e tamén parece que é San Pedro. Realmente é San Silvestre Papa (31 de Nadal), que exerceu como pontífice entre o 314 e o 335.
O párroco de Vilavella, Dn Luis Antonio López de Romero asina con D Bitonido Barro (cura de San Martín de Goente e San Xoán do Seixo) unha indulxencia concedida dende Roma, e aprobada polo Comisario Xeral de Madrid, don Josef García Herreros, escribano de Cámara en Madrid, “Caballero de la Orden de Carlos III, Canónigo y Dignidad de la Stª Metropolitana Yglesia de Valencia del Consejo de S.M. y Comisario Apostolico General de la Santa Cruzada” o 28 de Febreiro de 1789, concedendo parabéns a quen visitara esa parroquia no día de “San Silbestre Papa”. Esto nos fai comprender por qué san Silvestre está na Capela do Carme e a súa presencia en Vilavella. Foi tradición destas vilas, esa visita ó final do ano á Vilavella, e ese nome foi posto a varios nenos nese tempo.
Con esta indulxencia fúndase de novo esta cofraría de Nra Sra de las Angustias, que non tiña ningún tipo de estipendio ós seus cofrades cando nace. Foron cofrades fundadores Dn Luis Antonio López de Romero, crego párroco; Dn Bitonido Barro, crego de San Martín de Goente e Sn Jnº do Seixo; Dn Josef Domingo Paz, sacerdote, veciño de Xermade; Dn Ramon Gonzalez, sacerdote, veciño de Roupar; Dn Diego Arias, sacerdote, veciño de Piñeiro; Dn Juan do Souto Mesia y Alfeirán, sacedote, veciño de As Pontes (emparentado cos Alfeirán da capela da Misericordia de Viveiro); Dn Genaro Bentura Ledo, sacerdote, veciño de As Pontes. Eses eran cofrades fundadores cregos, pero a continuación dase un listado de 156 cofrades legos.
FOTO DA PROCESIÓN O DÍA DA FESTA
procesion-de-vilavella3.jpg

Na parroquia había unha gran festa que se denominaba “Epifanía de Sn Andrés de Agosto”, como queda anotado no 1795, e no 1805 dísenos que se celebraba o último domingo de Agosto. Aparecen dúas festividades da Virxe en 1787 “Nª Sª de Marzo e Nª Sª de Agosto”. Tamén a Asunción se gardaba coma unha data especial. En 1784 caelles unha multa a Franco Pita, Jazto Franco e Pedro Rodríguez de oito reais con 16 maravedises por “haber segado día de la Asumpccion de Nra Ssra en la hierba causando mucho escandalo”.
Foi en 1777 cando se reedificou a Igrexa da Vilavella. Nese ano aparecen aportadas pola cofraría das Angustias “300 rs a los maestros que reedificaron y cubrieron la Yglesia”. En 1788 apórtanse 120 reais “para pagar a los maestros que compusieron el portico dela Yglesia por bolber de nuebo, y Rebajarlo por causa del tragaluz”. E tamén nese ano “30 rs de 3 carros de Losa pª dicho Portico y Yglª”. En 1800 seguen a aparecer mestres canteiros nas contas, e en 1801 págaselle ó albañil Juan Casal 400 reais pola obra da Igrexa, e tamén aparece “120 rs al maestro de la yglesia Juan Casal 100 rs”. Con estos datos a Igrexa da Vilavella, comeza a ter para nós un nome e unha época concretos. Houbo outros canteiros e albañís, pero Juan Casal foi o protagonista da obra, dada a cantidade de diñeiro que foi levando, e o número de veces que aparece, sobre todo na obra do campanario, percibindo no momento da súa construcción “675 rs a Juan Casal”.
Na obra tamén houbo, en 1801, un ferreiro chamado Jacobo Prieto “maestro de herrero… 100 rs a qta de lo que tiene travajado para la iglesia y contadores”, e “100 rs a Jacobo Prieto para quenta de la Cruz dela espadana”.
FOTO DA PROCESIÓN O DÍA DA FESTA
procesion-de-vilavella4.jpg

Logo chegarán unhas boas portas para as que se aportan 200 rs en 1805
Ó mesmo tempo comézase a dotala do necesario para o culto, por iso “300 rs calices y alajas de la Ygl”, e en 1778 apórtanse 130, 20 rs para “calizes y alajas Yglesia”. En 1798 aparece nas contas da Vilavella un prateiro con moita presencia na diócese, Vicente Jerónimo Varela, era mindoniense, e probablemente traballaron varios con él, dada a grande cantidade de obras, e dado o amplo círculo en que a súa obra está presente, o que fai sospeitar a obra dun pai e dun fillo (dende 1784 ata 1831). En 1798 aparece “560 reales Alajas de plata dela Yglesia al Maestro de platero Dn Vizente Geronimo Varela vecino dela Ciu(d) de Mondoñedo, según consta del Libro de la fabrica de la quenta”.
En 1821 apórtanse 100 reais para pintala imaxe da Virxe, e tamén para o mesmo se aportaron 66 reais no 1824, e no 1823 apórtanse 50 reais para as andas da imaxe da Virxe, que realizará o carpinteiro Jacobo do Souto.
O feito de que as cofrarías tiveran gado, deixannos datos moi curiosos das feiras ás que acudían na época. En 1786, sendo maiordomo da Cofraría de Dores Bizente Antom, mercáronse bois na feira de Momán (folio 162 do libro II da Cofraría).
En 1829 o bispo Francisco López Borricón, que foi moi polémico polo seu protagonismo na Guerra Carlista en Galicia, visitou a Vilavella e obxetou que non se anotaran os gastos na cofraría de Dores nos anos de 1805, 1821 e 1822, en que “la cofr. Pagó de sus fondos mucho para reparos Yglesia”.
En 1830 páganse “39 reais de un arca que se compra para la cofradía”, e en 1836 constrúense as paredes do camposanto.
A partires de 1851 os datos nos veñen aportados polo libro de Fábrica da parroquia onde figuran os seguintes datos salientables:
1851 Constrúense as portas do cementerio, as tarimas para os altares, bastidor do coro; constrúense confesionarios e arránxase unha campá. O carpinteiro desta obra foi “Bentura Gonzalez”, que cobrou 360 reais. José Martínez cobrou 110 reais por compoñer esa campá no seu cepo “y cigüeña, pintura y herraje”.
FOTO DA PROCESIÓN O DIA DA FESTA
procesion-de-vilavella5.jpg

procesion-de-vilavella6.jpg


1852 Adquírense vidrieiras para as ventás laterais.
1853 Paviméntase con baldosas a Igrexa e a sacristía. Constrúese un muro de pedra pechando o adro da Igrexa. Fanse as portas novas para o coro e a sacristía. O canteiro de essa obra foi Manuel Fdez, que cobrou 550 reais polo baldosado e 155 reais polo muro do adro.
1854 Blanquéase a Igrexa. Fanse bancos novos e relousase a cuberta. Tamén se retoca e pinta a Imaxe do Santo Cristo grande que todavía se conserva, xunto con outros santos da Igrexa.
1872 fanse os ventanais do altar maior e da sacristía.
1876 pónselle un mesado á espada en pedra que custa 5 pts, e no ano seguinte aparece “12 pts que costó reconstruir el mesado y escaleras de la Espadaña y dos carros de losa”.
1877 páganse 110 pts por pintar a S. Andrés, Silvestre, José, por pintar seis confesionarios, os frontais de 3 altares, 9 serafíns, o Santo Cristo. Tamén nese ano “18 pts y 50 cms que costó una puerta de hierro para la torre o escaleras de la Espadaña. 14 pts y 50 cms que costó un badajo de peso 16 libras para la campana mayor.
1878 Colócase o Vía Crucis na capela de San Cristobal sita na parroquia e lugar do Vilar. (O actual Vía Crucis que hai na Igrexa da Vilavella procede da Capela do Carme, e fora retirado cando o último amaño dela porque a escurecía e era demasiado grande para unha capela, sustituiuse por un máis pequeniño. Estivo almacenado nunha casa particular no que o recollín no ano 2003, barnizouno e arranxouno Manolo Antón, e por decisión do Equipo Pastoral foi colocado na Igrexa de A Vilavella).
1880 Branquéase a Igrexa e retócanse dous lienzos do monumento.
1883 Mércase a lámpada maior (funcionaba con carburo), apórtanse 220 reais para ela dende a fábrica da parroquia (ver artigo sobre o roubo da lámpada de prata de As Pontes, ó final aparece unha foto desta).
1888 Ponse un via crucis, cadros e cristais por valor de 28 pts.
1889 Baldosouse a Igrexa.
1892 Páganse 10 pts pola ara da capela de San Cristobal, “sita en el lugar del Vilar”.
1900 Retócanse de novo as pinturas do lienzo do monumento. E páganse 7 pts e 50 cms pola limpeza e composición dun reloxio que había no interior da Igrexa.
1909 “el albañil Jose Barro vecino de Ribadeume por dar blanco interior y exterior, reparos de cal y pinturas del friso de la Iglesia”. Nese ano mércase tamén unha lámpada de metal amarelo.
1909 Págaselle ó prateiro Don Antonio Medina 80 reais por dourar e facer reparos de consideración á Cruz Parroquial.
1912 O ferreiro Manuel Cabada realiza a verxa da nova pila bautismal.
1918 Don Antonio Mosteiro “Maestro de obras de la Villa de las Puentes”, percibe 2.100 pts pola bóveda da Igrexa en conxunto co coro.
1920 Paviméntase con madeira algunhas zonas da Igrexa.
1922 Fanse obras sen especificar por valor de 980 pesetas.
1924 Repásase o tellado e o baldosado do pavimento.
1930 Branquéase a Igrexa.
FOTO DO DÍA DO CHOCOLATE. VILAVELLA. A COMUNIDADE REUNIDA XUNTO Ó VELLO CRUCEIRO. ANO 1935. DO FONDO FOTOGRÁFICO DO MUSEO DO MONTE CAXADO, EMPRESTADA POR DONA CARIDADE FORMOSO ANTÓN.
chocolate-en-Vilavella.jpg

1931 Faise o piso novo para o presbiterio, e faise a porta da sacristía.
1935 Arránxase a fondo a Igrexa, con aportación da Parroquia. Importe de 500 pts.
1. Botouse o piso de cemento, uns 60 metros cadrados.
2. Púxose “cielorraso” ó coro.
3. Revestiuse o que ocupa a escaleira de fora.
4. Chegouse o tellado ó frente da Igrexa no que ocupan as escaleiras de enriba do tellado.
5. Arranxouse a bóveda do coro e fíxose a entrada para a espadana polo coro.
6. Fíxose unha azotea de cemento por riba do tellado para poder toca-las campás, que sería dun metro.
7. Cintouse o mesado da espadana do fronte.
8. Deuse branco á Igrexa por dentro e á sacristía.
9. Cambiouse a pila de bautizar para unha nova ubicación.
Foi conta da parroquia: quitar os escombros, dar e carrear pedra necesaria para o “morrillo”, dar e carrear a area necesaria e derribar as escaleiras apartando os escombros.
Foi conta do mestre da obra: poñer o cemento e a cal necesarios para a obra e o tellado, incluso machaca-la pedra.
Todo isto supuxo un presuposto de 400 pesetas, que se farían efectivas ó mestre na seguinte forma: duascentas pesetas se lle entregarían ó rematar o piso e as obras do coro, e as outras duascentas ó entrega-la obra rematada, si reunía as condicións para ser aceptada, a xuizo dos tres veciños desta parroquia José María Formoso Chao, José Formoso Fraga e Andrés Rivera García.
Respondería da firmeza das obras por dous anos contados dende o día da entrega e aceptación do conxunto das obras, sendo en todo este tempo de obriga do mestre tódalas reparacións que teña que facer nas obras de que agora se facía cargo. Ó cabo de dous anos, xulgarían os tres señores antes mencionados, si se aceptaba en definitivo a obra, quedando nese momento aceptada, libre de toda responsabilidade o mestre.
Por estar conforme con estas clausulas, firmou ese contrato cos señores enriba indicados, que serviron de testigos co vicario da parroquia o mestre Domingo Martínez, de esta parroquia.
Ese documento firmouse en Santa María de Vilavella a dez de febreiro de mil novecentos trinta e cinco.
1942 Arranxos na sacristía e Igrexa.Importe 874 pts.
1944 Blanqueo e retellado da Igrexa.
1951 Instalación eléctrica.
1970 Reparación do tellado. Importe 5.100 pts.
En Xullo de 1996 o Arquitecto Diocesano D. Antonio Bouza Pita, leva a cabo a tarefa do arranxo do templo, baixo costación diocesá. Tíñase falado nalgunha ocasión previa do seu traslado ó “Canal Catro”, pero os veciños non aceptaron o traslado do camposanto. O seguinte texto, é un fragmento da presentación que este arquitecto fixo no seu día do “Estado actual e intervención propuesta”, que me pareceu interesante que fose aquí recollido:
“El conjunto del atrio, templo y cementerio anexo de la iglesia de Vilavella sito en las inmediaciones del complejo industrial de las instalaciones de depuración fabril de ENDESA, en torno a su antiguo camino de acceso, constituye la única preexistencia edilicia del nucleo parroquial de Vilavella.
Los fuertes condicionantes del complejo industrial han transformado ineludiblemente la totalidad de este entorno, con la excepción de este conjunto preservado como una isla atemporal.
La comunidad parroquial ha sentido siempre con enorme preocupación el tratamiento y la perduración de este centro parroquial como identidad inamovible e insustituible. Este hecho nos situa ante otra realidad de la conservación patrimonial, y es que ante una situación terminal, este conjunto no es solo un problema de conservación de unas piezas arquitectónicas de mayor ó menor valor artístico, sino el testigo temporal y significado de una comunidad parroquial.
Esta fuerte descontextualización de entorno, patente a los ojos del visitante, se nos ocurre como estrategia de intervención proponer aminorarla mediante una corona arbórea de ejemplares autóctonos que con el mayor ámbito de extensión posible y apoyándose en el río que discurre por su parte posterior, pudiera constituirse en el espacio de transición más digno y respetuoso entre entorno industrial y conjunto a rehabilitar. En este orden de consideraciones nos parece importante la reconstrucción y permanencia de los antiguos muros que delimitaban el atrio así como la permanencia de los dos únicos árboles que en el mismo se conservan; la vinculación del cementerio al atrio a través de sus dos accesos debe permanecer y ha de ser puesta en valor.
El cuerpo de la iglesia, presenta en este momento un deterioro y una necesidad de restauración importante, la cubierta requiere reposición, los problemas de humedad por capilaridad en muros y suelo son importantes, los revocos de cal tanto interiores como exteriores necesitan reposición previo repicado, así como la recuperación de piedra de mampostería concertada para ser vista en paramentos verticales interiores; el coro presenta estado ruinoso y la instalación eléctrica dada su precariedad necesita reposición íntegra y subterranización de la acometida así como implantación de un nuevo cuadro general.
FOTO DAS BÓVEDAS DE ESCAIOLA E BARROTILLO QUE FORON RETIRADAS
bovedas-de-escaiola-e-barro.jpg

El alcance y necesidad de obras de restauración que presenta esta iglesia carecerían de rigor de no acometer ahora una corrección a fondo de las obras que fueron llevadas a cabo en el año 1935 y años posteriores y que han supuesto alteraciones importantes. Tal es el caso de la implantación de falsos arcos y pilastras así como bóvedas de escayola y barrotillo llevadas a cabo en el interior, ó la elevación del cuerpo de sacristía y su prolongación con un anexo de trastera y pequeño pórtico hasta dejar casi oculta la cornisa de piedra exterior del cuerpo de la iglesia y cegando el óculo lateral de iluminación de nave. De esta época es también la sustitución de las lastras del solado interior por un hormigón impreso y serigrafiado que la humedad ha acelerado su deterioro.
La aproximación de nichos de nueva construcción en su momento, hasta contactar con el muro lateral derecho y posterior de la iglesia, fueron intervenciones improcedentes que ahor no pueden subsanarse e impedirán efectuar un drenaje exterior efectivo en estas partes para contrarrestar la fuerte humedad de capilaridad…”
FOTOS DOS NICHOS PEGADOS Á IGREXA
cementerio-de-Vilavella1.jpg

cementerio-de-vilavella2.jpg

cementerio-de-vilavella3.jpg


Maiordomos da Cofraría de Nosa Señora das Angustias de A Vilavella
FOTO DA IMAXE DAS ANGUSTIAS DE A VILAVELLA NA EXPOSICIÓN MEMORIA SANTA
Imaxe-angustias-de-Vilavell.jpg

Sendo crego párroco don Luis Antonio López Romero
1795 Jacobo Justo de Lago
1796 Jacobo Justo de Lago
1797 Jacobo Justo de Lago
1798 Joseph de Corral
1800 Juan de Permuy
1801 Domingo do Pico, “clerigo de Epistula”
Sendo crego Dn. Josef Perez Sanjurjo, “vizecura en vacante”
1802 Fco do Pico
1803 Juº Romeu
Sendo crego Dn Modesto Perrote
1804 Juan Justo
1805 Antonio Pico
1806 Josef López
1807 Jacinto Carballo
1808 Antonio villarino y Alexandro de Fraga
1809 Balthasar da Bouza
1810 Balthasar da Bouza
1812 Antonio Cabarcos
1813 Silbestre Cabarcos
1814 Patricio do Cal
1815 Antonio Lopez
FOTO DA PIEDADE DA VILAVELLA NO CRUCEIRO DA ENTRADA. FOTO DE HUGO ARIAS PARA O CARTEL DA EXPOSICIÓN MEMORIA SANTA.
cruceiro_web.jpg

Sendo Crego Dn Antonio de Ron y Ruiz
1816 Antonio Lopez
1817 Antonio do Picco de Maciñeira
1818 Domingo de Pico
1819 Pedro do Pico
1820 Vizente do Pico
1821 Pedro Cebreiro
1822 Balthasar da Bouza
1823 Alejandro da Fraga
1824 Alejandro da Fraga
1825 Luis Prieto de Yllade
1826 Francisco Vermúdez e Luis Mtnez
1827 Juan Romeu
1828 Pedro Lopez, Jose García, Matías Romeu e Domº Lopez
1829 Pedro Corral e Vicenta Maseda
1830 José Prieto
1831 José Meizoso
1832 José do Pico
1833 Silbestre Fdez
1834 Felipe Carballo
1835 Antº Pico el nuebo
1836 Antº Pico el nuevo
1837 Domº Pico y Ulloa
1838 Juan Fdez
1839 Domº Pico y Ulloa
1840 Antonio Pita
1841 Antonio Pita e José Romeu
1842 Domº Carballo “veznº del lugar de Penaporreira”
1843 Silbestre Fdez
1844 Silbestre Fdez
Cofraría de Nosa Señora das Dores de Vilavella
FOTO DO CRISTO DE VILAVELLA NA EXPOSICIÓN MEMORIA SANTA
Cristo-de-Vilavella.jpg

1777 Antonio de Casa
1778 Juan Fdez
1779 Pedro de Filgueyra
1780 Phelipe Rochela
1781 Fco do Pico
1782 Josef Alonso
1783 Fernando Fern(ez)
1784 Domingo de Filgueiras
1785 Basco Franco
1786 Bizente Antom
1787 Pedro Penabad
1788 Fco de Galdo
1789 Fernando do Pico
1790 Josef de Corral
1791 Pedro Fdez
1792 Silbestre Ramos
1793 Fernando do Pico
1794 Fernando Franco
1795 Juan Romeu
1796 Jazinto Carballo
1797 Juan de Permuy
1798 Juan de Permuy
1799 Antonio Fdez Cabarcos
1800 Juan Albarez
1801 Felipe rriveira
1802 Fernando Franco
1803 Fernando Franco
1804 Pedro Alonso
1805 Vicente Pico
1806 Josef do Cal
1807 Josef do Cal
1808 Antonio Lopez
1809 Jancinto Uceira
1810 Jacinto Uceira
1811 Josef Carballo
1812 Jacobo Franco
1813 Pedro Coral
1814 Josef Franco
1815 Josef Franco
1816 Antonio Prieto Villar
1817 José Meizoso
1818 Manuel Alonso
1819 Silbestre Fern(ez)
1820 Silbestre Fern(ez)
1821 Vizente Pita
1822 Vizente Pita
1823 Vizente Pita
1824 Vizente Pita
1825 Vizente Pita
1826 Andres Rodriguez
1827 Domº Gonz(ez)
1828 Fernando Pico
1829 Vizente de Cal
1830 Cayetano de Corral
1831 Manuel Casás
1832 Genaro Fdez Cabarcos
1833 Antonio Lopez de Meidelo
1835 Josefa Rodriguez, viuda de Blas Calbo
1836 Juan Lopez de Acevido
1837 Mathias Romero
1838 Jacinto Alonso
1839 Andrés Hemida
1840 Antonio Lopez
1841 Antº Lopez de Maciñª
1842 Sebastian Adega
1843 Sebastian Adega
1844 Sebastian Adega
1845 Sebastian Adega
1846 Sebastian Adega
1847 Sebastian Adega
1848 Luis Lopez
1849 Luis Lopez
1850 Luis Lopez
1851 Luis Lopez
1852 Luis Lopez
Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico.
Cruz da Vilavella de Antonio Espino
cruz_vilavella.jpg

También podría gustarte
Comentarios