Amigus
As Pontes

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA A PROBA DE CLASIFICACIÓN – PROBA DE NIVEL

Probas de clasificación que darán acceso ao curso 2016 – 2017 nas Escolas Oficiais de Idiomas, prazo do 18 o 30 de maio na secretaría do IES Castro da Uz

As probas de clasificación teñen por obxectivo identificar o nivel de dominio no idioma da persoa candidata, que desexe matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso de nivel básico.

Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial. Así mesmo, poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores (2014-15 e 2015-16) ao que dexexen acceder. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.

Os aspirantes ás probas de clasificación deberán ter dezaseis anos cumpridos no ano natural da realización das probas se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así. A incorporación ao curso que corresponda estará supeditada á dispoñibilidade de prazas na EOI. Os resultados da proba terán validez durante dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Máis información en http://www.edu.xunta.es/centros/eoideferrol/?q=taxonomy/term/156

También podría gustarte
Comentarios