Aceriusa e Estracero rematan o seu expedente de regulación de emprego sen ofrecer solucións aos empregados

[RTVEume] O grupo Aceriusa – Estracero puxo onte punto e final ao expedente de regulación de emprego que, ao longo dos últimos catro meses, obrigou ao recorte do salario e emprego dos case medio cento de traballadores que forman parte destas dúas empresas.


Nembargantes, e malia que o pasado mes de abril, a dirección do grupo aseguraba un importante encargo no mes de setembro e o cobro doutros traballos que permitiría manter a empresa a flote, a situación, a día de hoxe, non ten nada que ver coas promesas de hai varios meses.
Así as cousas, os operarios non recibiron aínda ningún tipo de resposta da empresa e hai, tan só uns días, víanse sorprendidos pola convocatoria dun concurso de acreedores e que se solventará en vindeiros días.
Segundo explicou o delegado de persoal Miguel Vilaboy, a empresa está pechada en banda e négase a negociar unha solución, o que a xuízo de Vilaboy, aporta menos credibilidade aínda aos supostos esforzos que a dirección está a levar a cabo para reflotar estas instalacións, tal e como aseguraba o xerente da mesma, Gerardo del Río, hai uns días na prensa.
Nestes senso, Vilaboy definiu o comportamento da empresa coma unha falta de respeto aos traballadores xa que eles están a cumprir coas súas obrigas laborais mentras que tan só reciben da dirección da empresa atrasos nos pagos e un silencio absoluto sobre o seu futuro.
Polo momento, os operarios comezarán hoxe as súas vacacións ata o 7 de setembro aínda que, o vindeiro martes, os membros do comité de empresa reuniranse co goberno municipal co fin de solicitar o seu apoio e intermediación para buscar unha saída a esta problemática.
No tocante ao resto de medidas a desenvolver, Miguel Vilaboy aclarou que non descartan a posibilidade de realizar algún tipo de acto reivindicativo ou manifestación, tal e como ocorría o pasado 25 de xullo.

También podría gustarte
Comentarios