Achégase o Campionato Galego de sala esquío a cadete

O Clube Sílex asistirá ao XV Campionato Galego de Sala esquío, benxamín, alevín e infantil, e ao XXV Campionato Galego de Sala cadete. Será nas persoas de Cristina Castro Barcala en arco recurvo infantil muller que parte con boas opcións para acadar algún dos postos de podio. Borja Barro Barrio competirá na categoría infantil home de arco recurvo. Por último Daniel Castro Barcala será o representante do Sílex dentro dos particiantes en arco recurvo cadete home.
O Campionato organizao o Clube AresArco o sábado 1 de decembro no pavillón municipal de Ares. Abrindo as instalacións ás 15:00 horas para a recepción das arqueiras e dos arqueiros que comezarán a competición unha hora máis tarde con dúas rondas e no caso dos infantís e dos cadetes terán despois rondas eliminatorias para decidir os postos fináis.


Nova cortesía Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios