Achégate o Eume…

O Centro de Desenrolo Rural EuroEume, actúa nun territorio que comprende nove Axuntamentos que fican no Noroeste de Galicia. Cinco deles están na conca do río Eume, eixo principal do territorio. Destes, A Capela, Monfero e As Pontes correspóndense con áreas de montaña mentres que os outros dous, Cabanas e Pontedeume fican na franxa costeira.


Dos catro Axuntamentos restantes, Moeche, San Sadurniño e Somozas están situados na súa totalidade en zona de terras altas do interior e por último el Axuntamento de Vilarmaior está situado na meseta de terras baixas, na mariña occidental. A superficie total e de case 800 km2 e a poboación aproximase ós 39.600 veciños, moi desigualmente distribuídos no territorio, con densidades que van entre os 18,6 habitantes/km2 de Monfero e os 295 habitantes/km2 de Pontedeume. O Centro de Desenrolo Rural Euroeume é responsable da xestión dun Programa Operativo de Diversificación Económica en Zonas Rurais (Proder)

EuroEumePlano.jpg

Parque Natural das Fragas do Eume.
O parque natural das Fragas do Eume convidarate a meterte nunha das mais fermosas mostras de bosque Atlántico de Galicia, gozando do espectáculo que a súa variada fauna e flora che ofrecen ou deixándote levar po-las historias e lendas que gardan os seus abruptos vales. As Fragas do Eume foron declaradas Parque Natural no 1996 e esta prevista a apertura dun Centro de Interpretación que será un espacio de acollida e información para os visitantes. Diversas rutas
de natureza, convenientemente marcadas e con baixos niveis de dificultade atravesarán o Parque, permitindo o seu percorrido a todo tipo de visitantes.
Plano2b.jpg
Amplialo plano

Rutas da Natureza.
Ademais das rutas del Parque Natural tense desenrolado unha rede de vieiros que nos farán mais doado descubrir todo o abano de posibilidades que nos dan os distintos ecosistemas da zona, ó tempo que se artellan diversos espacios organizados para a folganza. A rede de rutas abránguea os 8 Axuntamentos do programa, e está en proceso de axeitamento e sinalización.
Alende.jpg

Miradoiros e Espacios de Recreo.
Para completa-la visión do territorio, ben sexa por medio da contemplación estética en si mesma ou ben por medio de experiencias mais participativas, créanse unha serie de miradoiros e áreas recreativas que farán mais doado ó visitante a súa inmersión no medio. Están en execución varios espacios: zonas recreativas no encoro da Ribeira, no castelo de Narahio, e no miradoiro dos cañons do Eume.
Caaveiro.jpg

Actividades Deportivas.
A oferta turística do Eume inclúe unha longa lista de actividades ao aire libre promovidas por empresas, asociacións e clubs deportivos que abranguen dende os deportes de aventura, ata actividades náuticas na ría e nos encoros, pasando po-lo sendeirismo, a escalada… todo iso nun entorno natural privilexiado.
EncRiveira.jpg

ACHÉGATE Ó EUME, VIAXARÁS PO-LA NOSA HISTORIA
O Eume é terra de contrastes.
A una rica tradición é un importante papel histórico, sumase actualmente a relevante posición tecnolóxica e industrial que ocupa na Comunidade Galega. As destacadas mostras megalíticas, e o importante papel que desempeñou no medievo, engádese unha riqueza etnográfica e industrial que a converten nunha zona única. O Eume proponche un paseo po-lo seu pasado e seu presente, unha viaxe que te levará dende a orixe dos tempos ata o momento actual, descubrindo a cada paso a súa propia historia.
Boliqueiras.jpg

Ruta dos Andrade.
A ruta dos Andrade levarate dende o seu Centro de Interpretación no Torreón de Pontedeume po-la historia desta familia medieval que tivo debaixo do seu dominio un amplo territorio e que ten deixado un importante legado dentro e fora desta zona. Poderá visita-las ruínas dos Castelos de Andrade, Moeche, Narahio, ponte de Pontedeume, da Ferrería, Ermidas, Igrexas, etc. O descubrimento do terreo a traveso dos seus monumentos mais destacados e o coñecemento da historia local abrirán ós visitantes novos xeitos de goza-la comarca.
Andrade.jpg

Ruta dos Mosteiros e do Románico.
Ademais da ruta dos Andrade, o Eume conta con diversos espacios e edificios de grande interese artístico e relixioso que farán as delicias do visitante. Dende as románticas ruínas do Mosteiro de Caaveiro encravado na cabeza do Parque Natural do Eume e rodeado das mais fermosas fragas da provincia; ata a grandiosidade do Mosteiro de Monfero cuxos muros seguen a falar de tempos pasados. Ademais poderemos coñecer espléndidas mostras do Románico como a Igrexa de Sta. María de Doroña e San Miguel de Bréamo.
Monfero.jpg
Breamo.jpg

Ruta do Megalítico.
Estase a estudiar un Parque Arqueolóxico, no Axuntamento de As Pontes, destinado a interpretar o mundo prehistórico a partires das pegadas que perduran hoxendía na zona, túmulos funerarios ou “mámoas”. O visitante poderá meterse de cheo neste enigmático universo a traveso do descubrimento dos numerosos restos arqueolóxicos de que dispón esta a zona. Así, éste será, ó mesmo tempo, un espacio de ocio turístico, de aprendizaxe educativo e de pescuda científica.
EuroEume, de acordo coas novas tendencias, pretende desenrolar un tipo de oferta centrada na presentación do territorio como museo aberto, vivo e habitado, en continuo movemento e transformación. Para que a presentación do territorio sexa coherente e teña un sentido claro para os visitantes e para a poboación local, é preciso desenrolar un conxunto interpretativo. O conxunto interpretativo que EuroEume propón para o desenrolo turístico da zona comprende:
Centro de Acollida – Ámbitos Temáticos
“Parque da Enerxía”
“Ámbito Temático do Megalítico”
“Ámbito Temático das Fragas do Eume”
“Ámbito Temático dos Mosteiros”
“Ámbito Temático dos Andrade”
Intervencións Patrimoniais – Complementarias
-Rutas de natureza
-Miradoiros e áreas de recreo
Rutas do turismo industrial.
Dentro da variedade paisaxista da zona encontrámonos cunha importante presencia industrial que caracteriza a personalidade do territorio actual. Por esta razón o noso modelo turístico pretende combinar unha oferta de turismo rural relacionada có patrimonio artístico e a natureza, co turismo industrial. Presas, centrais hidroeléctricas, mini centrais, parques eólicos, fábricas de palas, fábricas de aeroxeradores, e unha futura planta de biomasa, un percorrido por unha multiplicidade de enxeños hidráulicos, son todos eles elementos que xunguidos a traveso do eixo común da enerxía, compoñen as rutas do turismo industrial: o “Parque Temático da Enerxía”.
A “Casa da Enerxía” será o centro de interpretación do Parque. Emprazarase en As Pontes, e achegará ó visitante a unha intensa relación que dende o principio dos tempos mantén o home e a enerxía, abrindo as portas o verdadeiro museo (o terreo) a traveso das Rutas da Enerxía.
Estas Rutas conducirannos ben por espacios naturais que gardan os segredos da enerxía e unha grande variedade de enxeños que a descobren: muíños, machucos, minicentrais, etc., e tamén por instalacións industriais que mostrarán a evolución dos diferentes procesos e fontes de obtención da enerxía.
Mina-Central.jpg

ACHÉGATE Ó EUME, DESCUBRIRÁS A NOSA GASTRONOMÍA
Casas do Eume.
EuroEume a traveso do programa Proder, ten apoiado unha líña de Aloxamentos Rurais que acollerán os futuros visitantes en antigas casas tradicionais galegas que foron coidadosamente restauradas mantendo o seu carácter e axeitándoas a súa nova función de aloxamento turístico de calidade. Estas intervencións sobre do patrimonio pretenden ó mesmo tempo dignificar e poñer en valor unha parte fundamental da historia de la zona.
Cantinas do Eume
CantinasEume.jpg
Cantinas do Eume é a aplicación dunha das estratexias propostas no Plan de Desenrolo do Turismo do Eume para mellorar e potencia-lo sector hostaleiro na zona. EuroEume promoveu a creación dunha rede de establecementos diferenciados, caracterizados entre outras cousas por: unha carta corta con especialidades e utilización de productos locais, unha decoración axeitada ó entorno e al cumprimento dunhas normas de calidade na oferta e no servicio, reflectidas nunha Carta de Calidade. As Cantinas do Eume servirán tamén de Punto de Información Turístico, facilitando o coñecemento da oferta existente: aloxamento, rutas, actividades deportivas… Isto completarase coa exposición e posible venda de productos da zona; repostería, artesanía, etc. Actualmente, son oito os establecementos que forman parte do “Proxecto Cantinas do Eume”. A medida que superen as auditorías de calidade recibirán a certificación de Cantinas do Eume.
FotoEuroEume.jpg

Para coñecelos mellor, póñase en contacto con eles:
www.euroeume.org
LogoEuroEume.jpg
Ou tamén en:
EumeTurismo.jpg
www.eumeturismo.org

También podría gustarte
Comentarios