ACONTECEMENTO HISTÓRICO EN LESNEVEN: DESPOIS DE CASE 70 ANOS A IGREXA DE SAINT-MICHEL XA TEN UN NOVO CAMPANARIO

A igrexa de Saint-Michel de Lesneven, situada na praza Le Flo’ch, no centro da vila, conta cun novo campanario despois de case 70 anos. Tal acontecemento histórico sucedeu na mañá deste martes, 12 de novembro.
O acontecemento, que se pode considerar histórico na vila bretoa, foi presenciado por centos de veciños da cidade irmá que vían por primeira vez un campanario na súa igrexa. A Lyre Lesnevienne e Bagad Bro Even, que estivo en As Pontes no ano 2011, encargáronse da animación musical mentres era colocado o novo campanario e para que se usou un gran guindastre.
O anterior campanario fora destruído na Segunda Guerra Mundial, concretamente o 7 de agosto de 1944, cando as tropas alemás bombardearon o centro da vila para cortar os avances das tropas estadounidenses. O bombardeo comezou ás sete da mañá rematando á noite, provocando estragos na igrexa e incendios en varias casas da praza.
lesneven


O primeiro campanario foi colocado despois da reconstrución da igrexa (1756-1763) e fora destruído por un raio no ano 1836. O seguinte foi feito en 1840 e coñeceu a mesma sorte do primeiro. Catro anos máis tarde, un terceiro campanario en zinc foi construído, do que só se coñece por fotografías, que serviron para a realización da nova estrutura agora instalada na igrexa.
O novo campanario é unha estrutura de madeira maciza recuberta de chumbo e rematada dun pequeno campanario que leva unha cruz e un galo e na que irá unha pequena campá de 30 centímetros.
Oitocentas horas levou a preparación deste novo campanario da igrexa lesnevense que pesa unhas 13 toneladas e ten unha altura de sete metros. O campanario está clasificado como Monumento Histórico e o custe total da obra achégase ós 340.000 euros, dos que o concello aporta uns 210.000.
Máis información en: Lesneven. L’église n’avait plus de dôme depuis 1944
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
lesneven
Nova cortesía de A.F. Fotos Guy Stephan

También podría gustarte
Comentarios