Actividades de Marzo no concello de Xermade

Dende o concello de Xermade convidan a toda a cidadanía que o desexe a que asista a estas actividades.

O día 10 facemos a conmemoración do Día da muller, este ano queremos facer fincapé na situación laboral das mulleres e nas condicións nas que se atopan determinados traballos.

Estará con nós Ana García, de FEMLEGAL para falarnos ampliamente deste tema.

A Actividade farase no local da asociación veciñal de Cabreiros previa á cea. A continuación faremos coma sempre cea entre todas as mulleres asistentes, baile e sorteo de agasallos.

O martes 13 de marzo, estará de novo con nós Haydeé Castillo, Presidenta do institituto de Liderazgo Las Segovias de Nicaragua, presidenta Foro de Mujeres para la integración Centroamericana y del Caribe
Faremos unha xornada de merenda compartida entre todas as persoas que nos queiran acompañar. As persoas que queiran poden traer algo para compartir (bebida ou comida), deben contactar coa educadora familiar (Manuela 678744178 ou 982501001).

Contaremos coa exposición “Mulleres coidadoras”, unha exposición cedida pola ONG Sólida Cooperación e que forma parte dun proxecto de investigación da Universidade da Coruña que se denomina “Diseminar”.

Esta exposición de fotografía plasma ás mulleres nicaragüenses, avoas que quedan no país de orixe coidando a nenos e nenas con discapacidad mentres as nais están (neste caso) en España buscando unha saída laboral.

Situación que moitas mulleres poderán recoñecer de cando foi a emigración tamén aquí en Galicia, tantas mulleres que tiveron que deixar as súas crianzas a cargo doutros familiares, normalmente as avoas.

Falaremos do impacto social e económico que isto ten na nosa sociedade, impacto que non se mide, datos que non constan.

Convidamos a todos e a todas a que veñan a ver a exposición, a coñecer a Haydeé, coñecida xa en Xermade e na contorna por visitas anteriores, a que veñan a conversar con nós destes temas actuais e que formaron tamén parte do noso pasado. E de paso facemos unha merenda na que esperamos que todo o mundo se sinta moi agusto.

O luns 19 de marzo, presentamos o documental “Como el sol, al mediodía” de Lucía Rodríguez Fernández, de Mugardos.

Unha peza que conta a experiencia de 6 mulleres que ingresaron na facultade despois dos 50 anos e as trabas que tiveron que superar condicionadas pola súa idade e xénero.

Contaremos coa presenza de Isabel López Yáñez e Mª Jesús Gato Ramos, dúas mulleres de Xermade de máis de 50 anos, que estudian na Universidade Senior de Ferrol (NON na UNED Senior), e que nos contarán a súa experiencia.

Esta actividade tamén é para todos os públicos. Convidamos a toda a cidadanía que o desexe a que comparta con nós estas actividades.

Nova cortesía do Concello de Xermande

También podría gustarte
Comentarios