Amigus
As Pontes

ACTIVIDADES CULTURAIS · LETRAS GALEGAS 2014

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

poesia.jpgXOVES 15: CHARLA “A poesía da paisaxe” a cargo de Xesús Manuel Valcarcel López sobre o autor homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014, Xosé María Díaz Castro, poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo)
20.00h Biblioteca Municipal E. Rivera Rouco
veteranas.jpgVENRES 16: TEATRO · A Escola de Teatro de Vilalba, presenta VETERANAS, de Carlos Castrillón e Cristina Mariño.
Conta a historia dun grupo de mozas que vive un intenso verán, quizás o último da súa adolescencia. Trátase dunha historia con amor, música, amizade e festa…, ambientada nos anos 80 de Vilalba.
21:00 H Casa Dopeso (entrada gratuíta)
SÁBADO 17: Celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, no Liceo. No acto participarán, recitando textos en galego, alumnos dos colexios. Tamén as persoas que o desexen poderán ler textos escritos ou inéditos na nosa lingua . Actuará un grupo musical
17:00 h· LICEO Recreativo e Artístico
Exposición BODEGÓNS e NATUREZAS, organizada polo grupo de artistas ponteses, ARTPO. Poderemos ver as obras dunha ducia de artistas, que traballan técnicas como o pastel, acrílico, óleo ou técnicas mixtas nas obras pictóricas, e o tecido, soldado ou modelado nas obras escultóricas, que conforman un conxunto dunhas 50 obras
Sala de exposicións do Mercado Vello · Horario domingo: de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas · o resto dos días de 18 a 20 horas.
Estará aberta ata o 18 de maio

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios