UN DATO PARA A HISTORIA
O DEFENSA JAVIER ROCHELA MARCOU O GOL 3.000 DO C.D. AS PONTES
Nesta tempada que rematou o pasado domingo, na que o Club Deportivo As Pontes estivo a piques de meterse nos play off de ascenso, pero que se quedou fóra a pesar de lograr os mesmos puntos (73) có Pontevedra. É a primeira vez que un equipo galego se queda ás portas da promoción con esta puntuación. Incluso 22 equipos que se clasificaron este ano para disputar a promoción de ascenso á Segunda B non alcanzaron eses 73 puntos logrados polo As Pontes. ¡¡¡ Así é o fútbol !!!
Sen embargo, hai un dato histórico que se rexistrou esta tempada e que debemos resaltar. Foi a consecución do GOL NÚMERO 3.000 do primeiro equipo en partidos de competición dende que o Club se federou o 28 de setembro de 1960.
Sucedeu no partido disputado no campo do Poboado o pasado sábado, 4 de xaneiro de 2014, entre o CD As Pontes e o Laracha CF, que rematou con vitoria pontesa por 4-2. Ese gol tres mil foi marcado polo lateral dereito Javier Rochela, quen no minuto 7 de partido, en xogada persoal, internouse pola banda dereita batendo por baixo ó porteiro larachés, marcando o primeiro gol do As Pontes.
Polo tanto, o bo xogador pontés Javier Rochela Calvo, irmán do campión europeo e subcampión mundial Sub17, David Rochela (hoxe no Buriram thailandés) convértese nun histórico do Club ó seren o autor do gol 3.000 do Club pontés en 54 anos de historia.
OS ANTERIORES GOLES HISTÓRICOS
Sinalar que o gol 500 marcouse o 22 de marzo de 1970 no partido da Serie A Rexional, Arcade-Calvo Sotelo (6º gol do 0-7 co que rematou o partido), descoñecéndose o seu autor, xa que non hai datos da acta dese partido. O tanto 1.000 foi anotado por Juan Recemel (actual directivo da UD Somozas, brillante campión de liga de 3ª División desta tempada) no minuto 60 do encontro R-Neda-Endesa (3º gol do 1-4), de Segunda Rexional disputado o 26 de marzo de 1978 no campo do Neda.
O gol 1.500 logrouno Aneiros no encontro Endesa-Lemos (3ª División) disputado no Poboado o 9 de marzo de 1986. Foi o terceiro tanto marcado no minuto 70 (3-0). O número 2.000 conseguiuno o bravo xogador coruñés Ramiro no Endesa As Pontes-Deportivo B (3-0, 3ª División) o 13 de abril de 1995. Foi no minuto 21 ó marcar o primeiro gol do Endesa As Pontes. Finalmente, o gol 2.5.00 do C.D. As Pontes acadouse o 20 de marzo de 2005 no minuto 79 ó marcar Edi (fillo do emblemático Recemel) o único gol do partido Sarriana-As Pontes de Rexional Preferente.
PARTIDOS DOMINGO 18
COPA DE AFECCIONADOS (Ferrol)
CD AS PONTES B UD CEBARCA
Campo do Poboado (Domingo 18 17,30 h)
COPA FEMININA F-8
CD AS PONTES R. FERROL
Campo do Poboado (Domingo 18 11,30 h)
PARTIDOS SÁBADO 17
LIGA GALEGA XUVENIL
CD AS PONTES IMPERÁTOR OAR
Campo do Poboado (16,30 h)
LIGA INFANTIL
R. SAN PEDRO – CD AS PONTES
Campo da Gándara, Ferrol (11,30 h)
PARTIDOS VENRES 16
LIGA CADETE
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
Campo do Beco, Cedeira (18,30 h)
LIGA ALEVÍN
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara, Pontedeume (18,15 h)
LIGA BENXAMÍN
NUMANCIA ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos, Ares (18,45 h)
CD AS PONTES B SDR ÁNIMAS
Campo do Poboado (19,30 h)
COPA PREBENXAMÍN
CAMPO DOS PINARES (Perlío)
CD AS PONTES A (16,00 H)
CD AS PONTES B (18,00 H)
CATEGORÍA BIBERÓN
CD AS PONTES EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (18,00 h)
Nova cortesía de A.F.