Amigus
As Pontes

Nota de prensa do BNG: O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO, MÁIS UNHA VEZ, POLOS VERTIDOS NAS PONTES E NAS SOMOZAS

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Nos últimos seis meses de 2013 a Xunta tivo que abrir, alomenos, 4 expedientes sancionadores.
As Pontes, 13 de maio de 2014.- Mañá xovés, 15 de maio, dende ás 10:30 horas, a parlamentar do BNG Ana Pontón preguntará ao goberno galego, na sesión da Comisión 2ª de Medio Ambiente, sobre do estado administrativo dos expedientes sancionadores incoados á empresa Xilo Galicia das Somozas, e sobre da situación dos vertidos efectuados no meritado concello e no veciño das Pontes.
Dende xullo de 2011, o Grupo Parlamentar do BNG ven achegando as denuncias dos veciños e veciñas afectados e dos grupos ecoloxistas, ademais das súas propias iniciativas, actuación que resultou na paralización dos vertidos nos meritados concellos, e obrigou á Consellaría de Medio Ambiente a realizar inspeccións que motivaron a apertura de expedientes administrativos á empresa.


Para o BNG, a actuación da Xunta, ademais de lenta e condescendente coa empresa, está a ser dispersa, xa que os catro expedientes abertos fan referencia a incumprimentos de lexislación distinta, e coa participación de diferentes órganos administrativos, o que, tamén, favorece ao infractor, cando menos ao impedir aplicar criterios de reincidencia e concorrencia na graduación das infraccións.
Subliña, así mesmo, o BNG a contradición do goberno do PP, que non dubida en calificar o comportamento da empresa como intolerábel e con incumprimentos de suficiente relevancia, sobre de todo pola presenza de hidrocarburos de petróleo e policíclicos aromáticos, e unha importante carga microbiolóxica, máis non é quen de ordear a retirada dos vertidos, medida contemplada na proposición non de lei do BNG aprobada polo Parlamento o ano pasado.
Segundo informan os afectados, o Valedor do Pobo ven de comunicar que as súas denuncias de contaminación das augas pola empresa veríanse reforzadas polas actuacións da Xunta, polo que mantén aberto o seu propio expediente.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios