XXII Xornadas Apícolas
No canto da tradicional feira, a Casa do Mel e o Concello das Pontes as incertezas derivadas da pandemia levaron ao Concello das Pontes a non organizar a tradicional Feira do Queixo e da Mel de Goente, coa que dende hai máis dunha década se pechan as Xornadas Apícolas da Casa do Mel, que este acadaron a súa vixésimosegunda edición.
Mais a falta de postos de venda ou do xantar popular non implicou que non se poidesen enxalzar os dous grandes protagonitas da cita: o mel e o queixo. pecharon as Xornadas Apícolas cun showcooking, api-ruta e hidromel Se tanto na primeira sesión formativa, celebrada o venres, coma nas distintas charlas do sábado -falouse de colmeas ecolóxicas, selección xenética da abella ou cooperativismo-, o froito dos panais foi o eixe dunhas actividades que congregaron a máis de 30 persoas en todas as sesións, as múltiples posibilidades que ofrecen os queixos para cociñar, usando para elo distintos produtos de Queixerías do Eume, centraron o showcooking de Antonio Díaz. descubrir como elaborar e, sobre todo, de saborear ata cinco propostas preparadas por Antonio xunto a Adrián García e José Prado, de Autga Autóctonas, baixo a carpa instalada na praza de Goente.
O queixo da Zoca serviu para acompañar unha focaccia con sardiña afumada, mentres que o queixo fresco se convertía no ingrediente principal dun frito de queixo, rebozado en pan e acompañado dunha salsa de cebola chata de Miño confitada e caramelizada.
Destas dúas propostas que levarían a pensar a Italia, os padais viaxaron ata Xapón grazas a unha gyoza a base de queixo de tetilla e chicharrón, un prato que tamén incluía o mel como ingrediente.
Un risotto de outono, con queixo curado Cabana de Ovella Negra, castaña, cabaza e verduras e un requeixo con confitura de cantarela cibarius completaron o menú que conquistou aos asistentes, nunha das primeiras citas, tal e como recordou o propio Antonio, nas que participaba logo das restricións polo covid.
A programación no día da clausura das XXII Xornadas Apícolas completouse cunha apiruta cunha visita á aula da natureza, na zona de restauración de Endesa, á que se sumaron unha vintena de persoas; e cunha exitosa cata comentada-ás 20 prazas ofertadas non chegaron a nada- de hidromel da man de Santiago Muñiz.
“Vemos que o interese da xente é cada vez é maior, vense novas xeracións que se incorporan á apicultura e que esta se está profesionalizando», apuntou a concelleira de turismo das Pontes, Elena López, que destacou o importante labor de formación, divulgación e apoio aos apicultures que desenvolve aCasa do Mel. Dende esta tamén se se fixo unha “moi boa” valoración das xornadas, pola aceptación e a receptividade do público ante todas as propostas.
ElProgreso A Chaira
Fotos cortesía de Raimundo Carballo