Actividades do Club de Montaña O Caxado.

Este Domingo fixemos unha saída para ir ver as fervenzas de Somede. As 9 da maña partiamos do Bar Calvo 8 compañeiros mirando cara o ceo, poi ameazaba con chover, ainda que logo o día presentouse axeitado para camiñar e non nos mollamos. Despoi de pasr pola uiña e cruzar o rio pola Ribeira Nova tiramos por Marraxón e ali collemos un camiño que nos leva cara a Cervicol, pero o camiño rematou e tuvemos que “desbrozar” para chegar hasta a fraga e logo subir hasta o lugar de Cervicol.
somede1.jpg


Dende alí o camiño xa estaba claro asi que baixamos pola capela de Cervicol hasta o muiño e logo seguindo a corredoira subir hasta Suarriba, logo baixamos pola igrexa de Somede hasta a cola do pantano e alí collemos río arriba cara as fervenzas, cambiando de lado do rio segun mellor nos fose.
Despois de ver a fermos e agreste paisaxe que forma o rego cos muiños (abandonados) e as fervenzas que debido as últimas chuvias levan bastante auga, subimos hasta a estrada que desde Somede vai hasta a Veiga da Nata e poucos metrs mais adiante collemos á esquerda por un camiño que entre pinares levanos o pasteiro do Caxado acadando a estrada de Ortigueira un pouco abaixo do cruce do Freixo, desde alí pola carretera ó cruce do Bañal e cara Marrxón e logo a dreita polo alto de Sanvivente e baixar por Garabatos pra saír as Campeiras donde chegamos as 3 da tarde con ganas de ducharse, comer e termar do sofá hasta a noite, o cabo foron darredor de 26 Km.
somede1.jpg
somede1.jpg
somede1.jpg
somede1.jpg
somede1.jpg
somede1.jpg

También podría gustarte
Comentarios