Acto de entrega de premios do IV Certame As Boliqueiras

Este acto terá lugar ás 19 horas, hoxe Venres día 6, no Auditorio Alovi.
Como presentadora e contadora de contos actuará Marta Ríos, que pertence o grupo Talía Teatro.
A Organización corre a cárrego da Mesa de Normalización Lingüística das Pontes e está patrocinado polo Concello e Endesa e contou coa colaboura de profesores dos Colexios das Pontes e a Escola Infantil.
Existen diversos premios, o máis importante, de 500 euros, é para o mellor traballo libre sobre Castelao.
Os outros premios, máis numerosos, baixo o tema “Castelao: 125 anos do seu nacemento”, están repartidos entre diferentes alumnos dos Colexios das Pontes e Somozas.
Pedimos a asistencia o acto de tódolos premiados, participantes, compañeiros, familiares e tódolos interesados.
Mesa de Normalización Lingüística das Pontes

También podría gustarte
Comentarios