ACTUACIÓN DO CLUBE SILEX NO GRAN PREMIO DE MADRID

Medalla de plata para Alvariño e de bronce para Dani

Grandes resultados os dos arqueiros do Clube Silex pontés os logrados esta fin de semana no prestixioso Gran Premio de Madrid, no que participaron incluso tiradores chegados dende Portugal.

Cara aló desprazábanse Miguel Alvariño e os irmáns Daniel e Cristina Castro. Nas tiradas previas, Alvariño estivo sensacional con 668 puntos, 14 por riba do segundo, Pablo Acha, que fixo 654.

Dani Castro foi sexto con 647, e Cristina foi 18º en feminino con 547 puntos. Nas roldas eliminatorias Cristina caeu 0-6 na primeira rolda ante a catalana Adriana Pla, nunha proba gañada pola madrileña Mónica Galisteo.

Mellor foron as cousas na categoría masculina, pois Alvariño gañou sucesivamente ao aragonés Diego Guillén (6-0), o valenciano Marc Pico (6-0), aos madrileños Ken Sánchez e Sergio Del Olmo, en ambos casos por 6-2. Na final caeu por un claro 0-6 ante un gran Pablo Acha, un dos arqueiros máis consagrados da actualidade.

Pola súa banda Dani gañou ao balear Jose Riera (7-3), ao portugués Pedro Da Silva (6-2), ao madrileño Jose Solera (6-5), caendo en semifinais ante o propio Pablo Acha por un axustado 4-6, logrando o bronce xunto a Sergio del Olmo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios