ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NA COPA E ESPAÑA DE 200 E 500 METROS

O palista pontés Borja Prieto Valera competiu esta fin de semana co seu equipo o Real Grupo de Cultura Covadonga, en casa, na Copa de España que tivo lugar no embalse de Trasona (Avilés).
Sensacional comezou Borja a fin de semana xa que foi o primeiro clasificado na contrarreloxo de 500 metros, na que competían 31 palistas, cun tempo de 1:46:591, por diante do máis granado do piragüismo estatal, segundo foi o campión mundial junior Marcus Cooper e terceiro Ekaitz Saies.
Xa nas semifinais Borja foi terceiro (1:46:72) por detrás de Diego Piña (1:45:83) e do campión olímpico Perucho (1:46:26). Nunha final de moitos kilates, impuxose Cooper (1:42:09), por diante de Iñigo peña (1:42:65), Diego Cosgaya (1:43:49), Perucho, Javier Hernanz, Ekaitz Saies, Diego, Piña, Borja Prieto e Roi Rodríguez.
borja.jpg


Na contrareloxo de K2 200 metros Borja, e o seu compañeiro, o gran Javier Hernanz, finalizaron 16º cun tempo de 37:37. Primeiro o campión olímpico Perucho e Rodrigo Germade con 35:62.
Na segunda serie semifinal foron segundos cun tempo de 35:16 por detrás do campión mundial de relevos Pablo Andrés e Íñigo García (35:08). Na final, ouro para Perucho-Germade con 33:95, prata para Andrés-García (34:46) e gran bronce para Borja e Hernanz (34:63).
Repetiron K2 nos 500 metros, onde foron 21º na contrareloxo (1:46:56), na que volveron a gañar Perucho e Germade (1:42:90).
Na terceira semifinal, foron terceiros (1:39:43), tras Millán-Campo (1:39:17), os gañadores do K1 1000 de hai un mes, e de Víctor Rodriguez e Diego Piña (1:39:26). Na final volveron a vencer Perucho e Germade (1:32:04), segundos Millán-Campo (1:32:62), terceiros Rodríguez-Piña (1:32:84) e cuartos a 5 centésimas da medalla Borja e Javier (1:32:89).
Por clubes gañou Sevilla (1158 puntos), por diante de Tudense (934), Aranjuez (806) e Covadonga (683).
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios