Amigus
As Pontes

ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NO CAMPIONATO DE ASTURIAS

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Esta pasada fin de semana disputouse no embalse de Trasona o Campionao de Asturias de Inverno.
Na categoría de K1 5000 metros venceu o gran Javier Hernanz (Covadonga), por diante de Javier López e Guillermo Pérez. Despois chegaron Rafael Carril, Alejandro García Toriello, Luis Amado, e concluiu Borja en séptima posición, anque se deu o gustazo de acabar por diante do gran Álvaro Fernández Fiuza, triple campión mundial e cuádruple gañador do Sella, que finalizou oitavo o pontevedrés.
En C1 5000 venceu David Fernández (Club de Mar Avilés) e en K1 5000 mulleres Miriam Vega (Covadonga).
Gran triunfo por equipos do clube de Borja, o Real Grupo de Cultura Covadonga, que sumou 2477 puntos, por 1724 de Los Gorilas de Candás e 1501 de Club de Mar de Avilés. Cuarto con 1049 foi o Piraguas Villaviciosa-El Gaitero e quinto con 986 Jaire Aventuras Los Rápidos.
borja.jpg


borja1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro
Fotografías cortesía Anselmo Bernal

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios