ACTUACIÓN DE GEMA BUITRÓN NA ROLDA FINAL DO RECURVO FEMININO

As catro arqueiras españolas encararon esta tarde as roldas eliminatorias da competición de recurvo individual femenino da Copa do Mundo de Porec con distinta sorte.
 
Buitrón e Foulón caían nunha primeira rolda con bastantes sorpresas, a pontesa por un contundente 6-0 ante a bielorrusa Alena Tolkach e a balear ante a belga Sabrina Struyf por 6 a 2.


Moi ben estiveron a naronesa Iria Grandal e Helena Fernández que nesta primeira rolda impuxeronse á mexicana Alejandra Valencia (7-3) e á francesa Sophie Dodemont (6-0) respectivamente. Tamén venceron na segunda rolda, Iria á xeorxiana Kathuna Narimanidze (6-0) e Helena á moldava Alexandra Mirca (6-5).
 
Xa na terceira rolda, a das 32 mellores, Grandal caeu ante a colombiana Sigrid Romero (6-2) e Fernández ante a xeorxiana Kristine Esebua (7-3). Final entre a coreana Han e a italiana Lionetti, na loita polo bronce dúas coreanas, Jung e Ki.
 
No cadro masculino, dous españois caeron na primeira rolda, Andrés Gómez ante o bulgaro Vencislav Velikov (6-5), mentres Elías Cuesta perdeu ante o iraní Hamed Fori (6-4). Daniel Morillo avanzou unha rolda gañando 6-5 ó malayo Wan Khalmizan pero caeu ante o colombiano Daniel Pacheco na segunda por 7-3.
 
Moito mellor lle foron as cousas a Antonio Fernández, de 19 anos, que foi derrotando sucesivamente ó holandés Mitch Dielemans (6-5), ó alemán Sebastian Rohrberg (6-2), ó mexicano Juan René Serrano (7-3), ó ruso Bair Badenov (6-4), caendo en cuartos de final ante o estadounidense Jake Kaminski (6-0). Final entre o coreano Kim e o estadounidense Ellison. Kaminski do mesmo país e o ucranio Ruban disputarán o bronce.
 
Mañá serán as competicións por equipos mixtos e o venres por equipos masculinos e femeninos.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios