ACTUACIÓN DE GEMA BUITRÓN NA COPA DO MUNDO DE ANTALYA

A delegación española de Tiro con Arco desprazouse esta semana ata Turquía para a disputa da Copa do Mundo da especialidade que se vai levar a cabo ata o día 12.
Nas preliminares de onte Gema so puido alcanzar a 67ª posición con 1276 puntos. A naronesa Iria Grandal foi 51ª con 1292 puntos, 48º Helena Fernández con 1296 puntos, 31º Magali Foulón con 1315 puntos. As tres primeiras prazas foron para as coreanas.


Nas roldas eliminatorias venceu con solvencia á mexicana Alejandra Valencia por 6 a 0. Pero na seguinte perdeu coa ucrania Lidia Sichenikova por 6 a 2. Tamén Iria Grandal venceu á suiza Celine Schobinger por 7 a 1, anque na seguinte rolda caeu ante a gran rusa Ksenia Perova por un axustado 4 a 6 con remontada da rusa. Curiosamente a rusa e a Ucrania evitaron o duelo comarcal na terceira rolda.
Na primeira rolda caeu Helena Fernández ante Celine Bezault por 0 a 6, e Magali Foulón ante a mongola Enkhtuya Altangerel por 5 a 6 no desempate.
Mañá e pasado disputaranse os torneos por equipos femenino e mixto, anque Gema non estará presente en ningún deles.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios